29.2.08

Alomenos dúas veces ao día pídeme unha moeda. Xoga a facer malabares, chova ou vente. Sorrí por detrás duns ollos tan azuis que algún día, prométoo, no canto de darlle unha moeda vouno agasallar cun bico

Novidades

  1. Confirmado (chateo cos administradores). A mediados de marzo marcho pra Tinduf. E non dá chegado o día...
  2. Coñezo a EiTB por dentro (impresionantísima). Coñezo por casualidade a un candidato (bastante majo). Entrevisto a unha experta en VIH/SIDA que traballa en Burundi (flipante)
  3. Expoño un traballiño diante de media universidade (máis de sesenta persoas entre as cales estaba xente que pode ter nas súas mans o meu futuro academico-profesional), e saio ao estrado medio taconeando (polo ruído, non polos tacóns) e baixando un vestido tan curto que non dá máis de si (tira que tira del pr'abaixo). Póñome nerviosa coma unha meniña. Ao rematar os meus compañeiros de grupo fanme a ola (máis vergonza aínda)
  4. Engánchome a un libro da Escola de Idiomas. Leo tres libros á vez. Planeo unha fin de semana chea de actividades culturetas e pouco estudio. Cancélanme o curso de txalaparta...

27.2.08

de reflexións

Reflexión 1
O papá naceu o Día Internacional da Lingua Materna
A mamá naceu o Día da Liberdade de Expresión
Eu nacín o Día Internacional pola Destrucción de Armas

dicídeme, pra que valen todos estes días?

Reflexión 2
Miro All the invisible children, e mentres trato de agochar unha bágoa que quere sair do ollo (non vou chorar diante de descoñecidos!), penso. Penso moito

Reflexión 3
Despois de oir a un experto en infancia, mantéñoo: Cuba é o máis semellante ao paraíso que hai neste planeta. E igual ca el, se volvese a nacer, e tivese que escoller un país do Sur, querería ser unha nena cubana

25.2.08

de fins de semana


Xuro que non o arrinquei eu. Pero podería telo feito. Voltín a Compostela e cubrín a miña dose de falar galego, de rir coa miña xentiña, un pouco da cuota de libros novos (un deles agasallado), pousei con pouca roupa para unha fotógrafa que promete, saín (pero pouco, en fin...), soprendín aos papás aparecéndolles na casa por sorpresa, e sentín ao Polgariño meneańdose no seu tobo.
Agora teño as pilas cargadas e uns cantos quilos de pelo menos na cachola. De aquí a maio, cóidenme moi ben da pedra e do mar polo Atlántico, señores

22.2.08


por fin estou a estudiar algo serio: hoxe nomearon a marín por primeira vez (vale que era un profe galego, e vale que era unha clase sobre pesca, peroacaso iso non son máis ca matices???)
esta noite mando un paquete pra compostela. alguén quere facer algunha encarga?

20.2.08

o gregarismo é unha mentira que nós mesmos inventamos pra non enfrontarnos á soidade do espello


(ou do pracer inmenso que provoca lelo. e a tristura. e tantísimos interrogantes...)

17.2.08

It's my desire



Don't you wanna know how we keep startin' fires

pra cando non teño ganas de estudiar máis ou, eu que sei, non teño ganas de rir, unha chorrada que sempre me fai, alomenos, sorrir un pouco
(coñeciádelo?)

15.2.08

De provocacións e protestas

Acabo de ver na TVE-1 unha nova sobre o tema da SanGil. Non vou contar nada que non se dixera xa por toda a rede galega (e pola española tamén). Quédome co artigo de Cordal, especialmente cun parágrafo:

"Agora non vén ao caso xulgar se os lemas eran oportunos, se as rapazas eran educadas, se escolleron o mellor momento, o mellor lugar e sobre todo a mellor estratexia para esa mostra de rechazo. A súa intención era denunciar que na democracia española existen a tortura e os presos de conciencia, que se pechan xornais e se ilegalizan partidos case no mesmo mes en que outros toman as rúas de Madrid "contra la escoria inmigrante" sen que os ilegalice ninguén"


ata aquí chegamos




y la vida siguió, como siguen las cosas que no tienen mucho sentido...

14.2.08


śumome á folga convocada pra hoxe
o dor na retina non se actualizará ata mañá

12.2.08

accións positivas

sempre fun un pouco escéptica respecto da paridade nas institucións públicas e da efectividade das accións positivas. mais hox, cando alguén preguntou a unha experta cando se deixarían de aplicar, a que punto se pretendía chegar, quedeime con isto:

é un sistema temporal cara a utopía

resultados satisfactorios de igualdade, para os máis soñadores, vamos. e o peor é que é a realidade...

(deixo para outro día as reflexións sobre beauvoir, millet ou bordieu. na imaxe, por se non se le ben o lema: la lucha será feminista o no será. tomada en madrid, co gallo do FSM08)

10.2.08

reflexión

Unhas cantas conclusións despois de seguir a nova nuns cantos medios "principais":
  • O primeiro, que este ambiente de violencia xeral si responde a un patrón de "estado de excepción" e fai plantexarse se é realmente ético cumprir a lei (estas leis)
  • Os medios buscan o sensacionalismo, antes de sair da redacción teñen a historia contada na cabeza, e sóbuscan imaxes pra ilustrala.
  • Un ertzaina ferido leve merece estar nunha entradiña. Nin se di en cantos "civís" mallaron (en todo caso falan de "heridos por radicales", como xustificándoo)
  • Destacan o cruce de contenedores como vandalismo, sen sinalar que é un xeito de defensa propia. Non conta como vandalismo tampouco perseguir e disparar a dolor a calquera grupo de máis de catro persoas.
  • A pinga que soborda o vaso: as declaracións do señor alcalde e mais dun do psoe (ao final da nova): quizais ao señor Ares se lle olvida que o máis probable é que quen convocou a manifestación e quen foi a ela estaba motivado por algo máis que a ilegalización de dous partidos. Pola ilegalización dun xeito de pensar, como se se puidesen ilegalizar os cerebros ou os sentimentos das persoas
  • Para rematar, os comentarios nos xornais
A quen queren enganar mudando as palabras? Ninguén se decata do que hai detrás delas?


(Como cambian as cousas cando as ves de preto...)
(Máis información: aquí, aquí e imaxes)

de manifestacións ilegais


O que máis me sorprendeu foi o enfrontamento cos da prensa. Que clase de noticias querían escribir grabando as imaxes dos manifestantes volcando contenedores para impedirlle o paso á ertzaintza?
Xente correndo, rúas cortadas e ertzaintza por todas partes. Era unha manifestación pacífica, pero ver a máis de tres persoas xuntas convertérteno en motivo de disparo de proxectís goma.


Democracia. Que é democracia para os que gobernan este país?


(e aínda non deixo de pasar os helicópteros por riba da cidade...)

9.2.08

historias grises I.


Poderías facer coma se non chovese hox. Saír á rúa cunha saia de vrao, e pintar os beizos ben vermellos. Poderías acender un pito baixo a chuvia, sen decatarte de que os mistos non prenden. Oír como berran dende algunha fiestra: qué linda pollera! e sorrir. Sorrir amosando todos os dentes. Os teus dentes desordenados de adolescente. Poderías facer coma se non che doesen as súas palabras. Os seus dardos directos aos ollos e ás mans. Non agarrarte forte coas unllas ata facer sangue. Poderías pensar que a cidade non é gris e o teléfono non é unha arma de guerra. Que non levas os pés enchoupados de carraxe. Que hox non odias ao mundo, que realmente as cousas non van tan mal. Pero, sabes? Tamén poderías quedar na casa, a mirarte no espello coma unha covarde, a expresión dos ollos. Sábelo, ese non é o teu estilo. Por iso vas ir ao baño a lavar os ollos, a pintar ben roxos os beizos e sair á rúa co teu mellor sorriso. As cadeas que arrastras só ecoan na túa cabeza. Por iso os demais pensan que camiñar a modo é o teu xeito de desfrutar da paisaxe.

8.2.08

- os termos informáticos dan moito xogo. "libera o meu software", "formatéame"...
- tamén "non me pegues ningún virus"

pequenas grandes cousas

hai pequenas grandes cousas que fan que haxa días, semanas que sexan estupendas. ter unha irmá que, como dícía o eue, comece a traballar pró estado, xantar na praia, que me conviden a participar n'algo que levaba meses buscando (e que haxa quen se emocione cando llo conto e queira participar), rematar o día (despois dunha clase estupenda sobre xestión da comunicación en situacións de crise) tomando algo nunha terraciña dun quinto piso en getxo, cun precioso teito estrelado enriba
pequenas grandes cousas que fan que adore este lugar

5.2.08

"A historia non existe. O que existe son os discursos e a representación da historia"

ás veces non é cuestión de aprender cousas novas. Ás veces trátase de darlle un significado diferente, maior amplitude, que che fagan remoer aquilo que aprendiches moito tempo atrás.

3.2.08

branco e negro

todo era perfecto
pero esquencimos dicir como atoparnos

(antroido máxico. a cidade convertida nun grande peixe por unha noite)

2.2.08



feliz antroido a todos
(daquí nun ano)

1.2.08

...

en que merda de mundo vivimos?
1
2
3
4
5
6
7
e podería seguir así ata o infinito. e ao final, a quen lle importa?

(dúas últimas vías chuza)