19.10.08

pequeno caos

durmo coa camiseta dunha misión. teño o cuarto máis recollido ca nunca, agás a mesa, un caos de papeis. pola noite chego a soñar con stallman. aborrezo as organizacións internacionais. tecleo bastante. leo bastante. abuso da capacidade do ordenadorciño. tento baixar os pés á terra. fago plans pra decembro (ir mirar neve). poño os lentes. quito os lentes. agradezo non ter rede no meu cuarto. abúrrome. volvo ao traballo. recoloco a bandeira (que esvara parede abaixo cada dous minutos). chamo a casa (algunha vez). falo monotematicamente. como moito. leo o xornal. poño os lentes. leo mil e un documentos. fago a conta atrás: en vinte días remata a tortura

sorrío. hoxe estou contenta

2 comentários:

rui disse...

E eu durmo cunha camiseta do vilariñofolc, é medio máxica, case podo escoitar as gaitas con ela posta.
Saúdos

oko disse...

estou segura de que si se escoitan :D