15.10.08

pobreza


leo o convite. entón lembro que hox recibín un correo con esta nova. pode que a jaima na que durmín no deserto, na wilaya smara, non sexa agora máis ca po. pode que non teña sentido falar de pobreza aquí, que ninguén le. pode que nin sequera teña sentido dicir que me gustan os lugares onde as casas non teñen portas, nin cancelas, e os nenos camiñas escalzos pero sorrín e son vivos e sempre teñen preguntas que facer porque queren sabelo todo. hai sitios nos que mirar pra baixo é o xeito de responder á pregunta de se no norte todos somos ricos. onde non ten sentido ter un cento de títulos académicos porque aprendes máis do que aprenden de ti.
hai lugares onde sobrevivir é o xeito de vida. e hai outros nos que se constrúen muros inmensos por non mirar o que acontece arredor. o mundo enteiro apodrece e case nin nos decatamos

2 comentários:

Urizen disse...

E atoparse sen fogar nun lugar tan illado!!!. Ignoracia a miña que pensaba que no Sahara pouco debía de chover...lendo isto lémbrome dunha canción que dicía algo así como "se lo llevó la tormenta y el tiempo".

oko disse...

xa ves...