22.10.08

trens

se non hai tren de cercanías, que solución queda? coller un bus (carísimo) dunha compañía privada? estar obrigado a ter coche? evitar ter que ir aos sitios pequenos?

quen decide que é prioritario estar conectado con madrí e non con padrón?

hai veces (moitas máis das que me gustaría) nas que este país non che me gusta nadiña

[sabido por caufield con esta nova de por medio]

2 comentários:

rui disse...

Si, é certo que se miran as grandes obras que beneficiarán a uns poucos e se desleixa o servizo ferroviario de proximidade. Un erro grave porque está probado que os estados máis avanzados teñen redes de ferrocarril servindo todo o territorio, case non hai transporte de autocarro. O beneficio a longo prazo (de ter ben intercomunicado o país) está claro, mas son miopes e só cobizan os ingresos rápidos e "rentables" do Ave.
Ben, e a foto deste post tócame no corazonciño.

oko disse...

exacto. subscribo unha por unha todas as súa palabras. incluído o da foto. a min tamén me gusta moito ;)