29.11.05


Para o traballo de L.A. quizais fale disto...

e tamén disto...


Parece que veñen malos tempos pro mexilón...

e o Nadal foi sempre a millor época do ano pra vendelo...


Hai algo que odio!!!

E hai algo que me fai odiar aínda máis o obxecto do meu odio!!!


Morte aos creadores destes anuncios!!!

28.11.05
















Ás veces un crime si está xustificado...

26.11.05


Onte pola noite a miña irmá deixoume unha lista pequeniña de cousas que tiña que mercar pra facer un pastel para o domingo:
- Tres follas de papel milimetrado

- Unha tarrina grande de Tulipán
- Dúas tabletas de chocolate Nestlé pra fundir (500 gr.)
- Papel pró forno
Así que, despois de ir ao supermercado, pois encamiñeime a Maky, que é a librería-papelería de toda a vida. E alí, a parte do papel milimetrado (que non era pró pastel senón pró cole) e do papel do forno, atopei algo moi apetitoso que mercar. Pensarán que son unha
infantil, mais de certo que lle atopei mil utilidades, e or iso o merquei: unha estupenda pintura vermella!
Entón puxen a miña creatividade pictórica (que non é moita, créanme) en marcha. O primeiro que fixen foi a casa que vou a ter cando sexa adulta.Unha casa moi bonita, con cadeliña e flores e arredor (non se mira porque queda pra atrás) moitas árbores. Tamén unha lareira moi grande e unha mecedora pra ler nela diante do lume dutrante o inverno.Unha casa con moitísimas fiestras pra ter moitísima luz.
Pero como miraba que no debuxo me debía de sentir moi soa, pois metín compañía. A verdá, teño que admitir que eu non quedei moi realista, e quen vai comigo non aparecen moi favorecidos, quizais por iso non se recoñezan vostedes no meu debuxo.
Finalmente pensei: ata podo debuxar un libro ben bonito, así con ilustracións, coma os dos nenos pequenos, un libro totalmente ao meu gusto. E de certo que o libro si que me quedou logrado, que ata dan ganas de lelo, non si?
Quen sabe, quizais algún día, incluso acabe escribindo un con algún lapis vermello

...


24.11.05

Ollo Eye Occhio Olho Ojo Oculo Oko


Eu, sempre eu...

grande, grande, grande, grande, enorme...
Aínda moi atordada trala visión dunha das meirandes blogueiras (e non fago link porque todo se sabe xa) deste País co que -creo- foi profesor meu durante un deses cursos de informática da USC, soio podo dar conta de que hoxe ven sendo algo así como "o día das citas". E velaí un par de exemplos:
  • "Joder con este conde; que malvado es el conde de la libertad!!!" (Do noso grandísimo profesor favorito!)
  • "Este é o segredo da felicidade e da virtude: amar o que un ten que facer. Todo condicionamento tende a isto: a conseguir que a xente ame o seu inevitable destino social" (Huxley en A Brave New World)
En fin, que xa se ve como vai o mundo. Eu non digo nada. Soio quero parafrasear ao dito grandísimo profesor: a fornicar todos a pierna suelta debajo de la mesa, hombreyá!!!!

22.11.05

Onte oín que a vida é cuestión de sorte. Será. Dúas filas máis adiante estaba sentada unha persoa que o ano pasado foi algo importante pra min. Estaba soa. E non sabería dicir por que me decepcionou ao erguerse xusto cando comezaron os títulos de crédito. Mireina e sentín algo de saudade polos tempos pasados. Ou non.
Tamén botei de menos e tiven ganas de chorar por veces, e rin coas nenas e traballei algo pola tarde e rematei un libro terrible e asustei un pouco co meu corte de pelo a un par de persoas.
Namorei desta muller -unha vez máis-.


21.11.05

Narcotízame, rómpeme, mátame. Crébame os ósos un a un. Corta cada un dos conductos de sangue que leva ao corazón. Deixa sen aire os meus pulmóns. Quítame os ollos. Enche de moratóns as miñas costas e de feridas as pernas e a cara.
Nin así, nin de ningún xeito poderás controlar a miña mente
...

19.11.05

da humidade atmosférica e demais...

Aprendín unha palabra bonita hox: HIGRÓMETRO, que de certo non sei se existe en galego ou non, anque isto non vai condicionar que me siga a gustar. Hai anos que a miña tía ten un na caixiña-expositor dos xarutos (esta palabra tamén me encanta), máis nunca caera en que no centro da esfera do aparelliño estaba o nome. Vai un morrendo, vai aprendendo, que diría miña nai.
Tamén hox estou cansa, e non obstante sosteño que foi un día bastante productivo. Ademais cortei o pelo (outra vez), axudei a decorar escaparates (pinchándome varias veces con ourizos), vestinme tipo anarca, que diría a Rapariguinha, e merquei dese xelado tan rico que xa non queda en Santiago e que comeramos nós as tres nunha noite de pseudo-depresión. Tamén rin moito no messenger graZas a diversas conversas que mantiven a un tempo e que me aledaron bastante a miña estadía cibernética. Despois, un plato a medias co meu pai de arroz con leite e o que me queda dunha grande dose de lectura o resto da noite. E tamén tentando lembrar que me lembra o número dezanove e un cartel moi curioso que vin dende o coche hoxe ao ir pra Redondela, e que poñia: SE VENDEN KIWIS. Vaia, está visto que iso do tráfico de persoas está moi de moda. Hai xente que é que non ten vergonza ningunha!!!!!!!
En fin, terei que ver se hai por aí algún koala que faga algo a prol da liberación dos kiwis. Pra que despois se diga!

18.11.05


nada. nada. nada

non teño tempro pra nada e quero facelo todo. por que non terei mil corpos e mil mentes?

17.11.05

non hai tempo pra pensar
crébao, rómpeo, mátao
agora dá igual
pensa a
quen
lle
...

arde coma o lume do inferno

non penses máis en nada

unha oportunidade

mira en ti

soio unha

sen máis

16.11.05

Prendido a tu botella vacía...

... esa que antes siempre tuvo gusto a nada...
...........................................................................
nada entre as paredes brancas. a muller enrugada que vive entre discos. volvo ao estilo do antigo dor na retina. pode. pensei que deixara aquel tempo atrás, pero a vida é o mito do eterno retorno do que falaba platón. papeis e guións e músicas tristes. chavela e os cadros de frida como fondo de pantalla. beizos cortados. pouco sono. ganas de facer nada. acento do sur. sorrisos. calma, nena, calma. mar. os meus ollos doridos precisan o mar. ogallá un frío que me secase por dentro. sorrisos. hoxe son unha árbore seca. aire gris. mañá arderei na vosa lareira. quéimame. lume sacro. de que te lembras? provocación como fin último. a obsesión nos últimos tempos. reflexións sobor do tirano. nú. e teño frío
...

15.11.05

no peito. é como ter pitos no peito de neno. un son ao respirar forte, coma un tren de pulmón a pulmón. prometo non preocuparme. que as ameazas sempre quedan en nada. pero doe. e doen tamén as pernas e pola noite os ollos non deixan durmir ben. dúrmense as mans mentres escribo. polo teléfono fala unha voz doída que tenta soar tranquilizadora. acouga nena, a peor parte estame a tocar a min. mais non podo evitalo. e non quero que marches. non quero. e non quero que pase o que sempre pasou a todo o mundo e nós prometemos que non pasaría nunca.
nunca é, ás veces, unha palabra moi grande.
e as distancias tamén son moi grandes. non, non falo de distancias físicas. falo de camiños con máis obstáculos. falo de falar. de sentir. de pensar. a provocación non é morte, é un xeito de ver as cousas. a mentira e o egoísmo, iso si é morte. odio, moito odio. ás veces chégase a extremos insospeitados. quen sabe ata onde chegará isto? de certo é que eu xa sentín unha perda moi grande, anque non se faga efectiva. e as pegadas non mudan de camiño. a perda meirande será a que me arrinque do peito aquilo que nin sequera sei de certo se teño
...

Novos ollos na rede

Novas da Gaivota que deixou atrás o peirao e decidiu coller uns lentes escuros ou pechar os ollos para que o sol non lle queimase a retina. Agardamos a súa visita, benvida a este oculista!!!

Atopando a Nemo

O domingo, trala manifestación de Nunca Máis e dun xantar do máis fraternal e entretido, unha persoa coñecida polo seu cargo en certa organización desveloume unha nova da que eu nunca tivera coñecemento, apesares do preto que queda de min... Nemo é marinense!!!!!!!! Aínda non me recuperei do impacto! (Pero a verdá, canto máis o miro, máis me decato de que pola cara si que parece da ría, non credes?)

12.11.05






Provocación. Egoísmo. Odio. Odio. Odio.

Carauta

A ollada perdida no fondo da pantalla. Ola, estás aí? Non, non son eu. Por detrás oio gritos e máis gritos. Sempre unha versión dos feitos. Non existe a imparcialidade. Nunca. Agora na pantalla aparecen letras. Pero non, non son eu. É sempre ela, a outra. Esa que está no fondo, moito máis abaixo das palabras que seguen a parecer por arte de maxia. Terán significado? Mañá ás dez no tren, ou bótote de menos. Ás veces unha avestruz, e outras veces un Koala. Ollo sempre. E moi poucas veces eu, o ente, a persoa. O individuo. Non, non son eu. Estás? Non. Son solo unha pantalla en branco. E min estades reflectidos todos vós. Son o que vös queredes que sexa. Activade a función. UnDousTres. A fantabulosa, a estupenda, a marabillosa. Aquí estou, pero non son eu. Un día debuxáronme este sorriso nos beizos, e aí quedou. Esa é a face da outra. Eu ando agochada, non sei ben onde. Está escuro e fai frío. Hai anos que non ollo o sol. Hai días que morro co frío e as man estánseme a poñer moradas. Non pasa nada, nena. Dí a outra. Ti non saias e punto. Coma un robot, ela obedece as ordes dos outros, dos que mandan. E eu, que teño medo, as máis das veces lle fago caso...

Namorando dunha canción e dunha muller que me trae tola. Á espera de que chegue o domingo e poder berrar con forza aquela consigna que xa pasou á historia do País. Hoxe non me doen os ollos, pero teño un aldo no peito que non me deixa respirar. Sei que as cousas nunca poden ir ben de todo. Pero hai palabras que doen, sobre todo se veñen dalgúns beizos.
Agardando por mañá, agardando por hoxe. Esta noite, descansarei nun sillón diante da cheminea lendo un bo libro. Xa fago prácticas pra cando sexa matrucia.

...

10.11.05


A vida como cadro vermello. Moito máis interesante que...

5.11.05

LA TERRE


Le mort
saisit le vif

et l'oiseau ferme la marche.

(Georges Bataille)



[A Terra:/ O morto/ atrapa ao vivo/ e o paxaro pecha a marcha]


Asombrada por atopar certo parecido entre Bataille e Huidobro. Admirada pola capacidade dos grandes de selo aínda máis. Doída por certas palabras nunha carta electrónica. Tentando recuperar vellas amizades, e esquecendo algunhas outras. Contenta polo aniversario dun dos meus amores máis fieis: este é o meu agasallo!

3.11.05

Ben, ao final esta crónica radiofónica non vai a quedar tan terrible. Pode que incluso me chegue a gustar. Eu, o Grande Ollo, rodeada de camioneiros. En fin, como diría certa persoa, GOTA!!!
Ando pensando estes días no satisfactorio que resulta ler os libros que mandan os profesores. Hoxe, mentres certo ensinante explicaba, decateime non sen sorpresa de que me estaba a enterar do que contaba. Unha sensación que nunca experimentara.
En fin, novidades a parte, e ante a perspectiva de non ir ao cinema, xa que certa persoa artelladora das saídas grupais vai ir a ver outro tipo de filme nun lugar a onde non me apetece ir, agárdame unha magnífica noite de xoves rematando certo discurso ao que xa me referín unhas liñas máis arriba. Espero que teñen todos unha noite tan agradable como a miña!!!
...
P.D: esquencía comentar con canto agrado lin a resposta coa que certo pitiño me agasallou no seu propio blog. Moitas graZas!!!

2.11.05

A folga dos transportes como novidade para este venres. Debate interno de ser facer unha crónica convencional, desas que se escoitan sempre na radio, ou facela litararia, e tentar ser algo orixinal anque ao final quede en nada. Despois, debate sobre se ir ou non ir algún día a Cineuropa. Preocupación por unha pombiña que anda a voar soa polos mares do leste. Sentimento de culpabilidade por non chegar a tempo para ver a un gabián galo. E nada máis. Desconcertada aínda ante un micro solitario o venres, unha profesora estricta cos primeiros, e cun problemilla familiar que imbúe a algún que outro alleo. Repito, que eu non son a mala da película. En fin, déixovos pola Rebolo... guapa!!!!!!!!!!!
Ah!, e vivan os rumores!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!