22.11.05

Onte oín que a vida é cuestión de sorte. Será. Dúas filas máis adiante estaba sentada unha persoa que o ano pasado foi algo importante pra min. Estaba soa. E non sabería dicir por que me decepcionou ao erguerse xusto cando comezaron os títulos de crédito. Mireina e sentín algo de saudade polos tempos pasados. Ou non.
Tamén botei de menos e tiven ganas de chorar por veces, e rin coas nenas e traballei algo pola tarde e rematei un libro terrible e asustei un pouco co meu corte de pelo a un par de persoas.
Namorei desta muller -unha vez máis-.


1 comentário:

Anónimo disse...

a que ven iso de repetir "o mestre" trescentas veces. esixo explicacións,señorita!!!!!!!!