15.11.05

no peito. é como ter pitos no peito de neno. un son ao respirar forte, coma un tren de pulmón a pulmón. prometo non preocuparme. que as ameazas sempre quedan en nada. pero doe. e doen tamén as pernas e pola noite os ollos non deixan durmir ben. dúrmense as mans mentres escribo. polo teléfono fala unha voz doída que tenta soar tranquilizadora. acouga nena, a peor parte estame a tocar a min. mais non podo evitalo. e non quero que marches. non quero. e non quero que pase o que sempre pasou a todo o mundo e nós prometemos que non pasaría nunca.
nunca é, ás veces, unha palabra moi grande.
e as distancias tamén son moi grandes. non, non falo de distancias físicas. falo de camiños con máis obstáculos. falo de falar. de sentir. de pensar. a provocación non é morte, é un xeito de ver as cousas. a mentira e o egoísmo, iso si é morte. odio, moito odio. ás veces chégase a extremos insospeitados. quen sabe ata onde chegará isto? de certo é que eu xa sentín unha perda moi grande, anque non se faga efectiva. e as pegadas non mudan de camiño. a perda meirande será a que me arrinque do peito aquilo que nin sequera sei de certo se teño
...

3 comentários:

Anónimo disse...

Ánimo, todos pasamos por estas etepas de cansanzo infinito xeneralizado, mais...non te desesperes! Pronto pasará.
Unha apreciozón: Volves o estilo de redacción do anterior Blog, o cal me encanta...
Encantame o que sinto cando remato de ler a túa publicación. Non só me gustan as que transmiten tristura, estou desexando volver ler unha publicación na que as súas letras me contaxien da súa inquietude, tenrura, ledicia...
En resumo, gustaríame verte máis animada,máis entusiasmada, máis alocada, máis....LARA. Non sei que facer para axudarche a conseguilo, así que..., se queres poderíasme dar algunha pistiña(creme que cho agradecería).

Bikiños.

oko disse...

pois non sei... haberá que deixar que as cousas vaian pasando ao seu ritmo... non cre?

kina_marcha_sen_avisar disse...

segues sendo incrible.