19.11.05

da humidade atmosférica e demais...

Aprendín unha palabra bonita hox: HIGRÓMETRO, que de certo non sei se existe en galego ou non, anque isto non vai condicionar que me siga a gustar. Hai anos que a miña tía ten un na caixiña-expositor dos xarutos (esta palabra tamén me encanta), máis nunca caera en que no centro da esfera do aparelliño estaba o nome. Vai un morrendo, vai aprendendo, que diría miña nai.
Tamén hox estou cansa, e non obstante sosteño que foi un día bastante productivo. Ademais cortei o pelo (outra vez), axudei a decorar escaparates (pinchándome varias veces con ourizos), vestinme tipo anarca, que diría a Rapariguinha, e merquei dese xelado tan rico que xa non queda en Santiago e que comeramos nós as tres nunha noite de pseudo-depresión. Tamén rin moito no messenger graZas a diversas conversas que mantiven a un tempo e que me aledaron bastante a miña estadía cibernética. Despois, un plato a medias co meu pai de arroz con leite e o que me queda dunha grande dose de lectura o resto da noite. E tamén tentando lembrar que me lembra o número dezanove e un cartel moi curioso que vin dende o coche hoxe ao ir pra Redondela, e que poñia: SE VENDEN KIWIS. Vaia, está visto que iso do tráfico de persoas está moi de moda. Hai xente que é que non ten vergonza ningunha!!!!!!!
En fin, terei que ver se hai por aí algún koala que faga algo a prol da liberación dos kiwis. Pra que despois se diga!

5 comentários:

Anónimo disse...

precisamente hoxe comín un pastel de kiwi (receita arxentina,ummmm, algo bo tiñan que facer os arxentinos, ademáis de ir seducindo por aí coa su palabrería)
p.d.: a ver, en serio, para cando esa cita a cegas co mozo desgarbao?

Anónimo disse...

eu tamén como moi habitualmente kiwi. e que bo está!
respeito o do mozo desgarbao, fala coa señora caufield, que eu non me atrevo a fecer movemento ningún nese tema!!!!!!!!

Caufield disse...

Móvome....(gota), estou (xa mesmo!)elaborando un intricado e complicado plan para que Starwars coñeza ao xa home da súa vida (aínda que ela non o sepa). O que pasa é que o plan aínda está en elaboración pero tempo...tempo....:D (co q m gustan a min estas cousas!jijiji)
¿Songoku e mais Suso de padriños?
¿?¿¿¿?¿?

Anónimo disse...

eu quero ser madriña! aiiiiiiiiii
con plumas na cabeza do brazo do desgarbao! aiiiiiiiiiiiiiiiii
que bonitoooooooooooooooooo!!!!
(suso está en contra dos contratos matrimoniais, hostiaya!)

LIARIÑA disse...

no me cosco!!! (eso es todo lo que tengo que decir, no tengo tragaderas...)