De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
1 comentário:
Ai,ai...
Preciso "mirarte"...
Tanto tempo sen terte o meu carón...
Tanto tempo sen falar directamente contigo...
Tanto tempo sen manter conversas desordenadas...
Tanto tempo sen falar das nosas novas....
...
Estanme convertindo nunha persoa chea de saudade.
(espero 1 chamada este FnD)
Enviar um comentário