3.11.05

Ben, ao final esta crónica radiofónica non vai a quedar tan terrible. Pode que incluso me chegue a gustar. Eu, o Grande Ollo, rodeada de camioneiros. En fin, como diría certa persoa, GOTA!!!
Ando pensando estes días no satisfactorio que resulta ler os libros que mandan os profesores. Hoxe, mentres certo ensinante explicaba, decateime non sen sorpresa de que me estaba a enterar do que contaba. Unha sensación que nunca experimentara.
En fin, novidades a parte, e ante a perspectiva de non ir ao cinema, xa que certa persoa artelladora das saídas grupais vai ir a ver outro tipo de filme nun lugar a onde non me apetece ir, agárdame unha magnífica noite de xoves rematando certo discurso ao que xa me referín unhas liñas máis arriba. Espero que teñen todos unha noite tan agradable como a miña!!!
...
P.D: esquencía comentar con canto agrado lin a resposta coa que certo pitiño me agasallou no seu propio blog. Moitas graZas!!!

1 comentário:

Le Petit Poyon disse...

Sinto non ter reparado antes nisto. A verdade é que levo un mes a cen por hora e pouco paro no blogomillo. As grazas hai que darllas a vostede por este blogue tan curriño e con contido. Sabe? A min tamén me tolea Chavela