A ollada perdida no fondo da pantalla. Ola, estás aí? Non, non son eu. Por detrás oio gritos e máis gritos. Sempre unha versión dos feitos. Non existe a imparcialidade. Nunca. Agora na pantalla aparecen letras. Pero non, non son eu. É sempre ela, a outra. Esa que está no fondo, moito máis abaixo das palabras que seguen a parecer por arte de maxia. Terán significado? Mañá ás dez no tren, ou bótote de menos. Ás veces unha avestruz, e outras veces un Koala. Ollo sempre. E moi poucas veces eu, o ente, a persoa. O individuo. Non, non son eu. Estás? Non. Son solo unha pantalla en branco. E min estades reflectidos todos vós. Son o que vös queredes que sexa. Activade a función. UnDousTres. A fantabulosa, a estupenda, a marabillosa. Aquí estou, pero non son eu. Un día debuxáronme este sorriso nos beizos, e aí quedou. Esa é a face da outra. Eu ando agochada, non sei ben onde. Está escuro e fai frío. Hai anos que non ollo o sol. Hai días que morro co frío e as man estánseme a poñer moradas. Non pasa nada, nena. Dí a outra. Ti non saias e punto. Coma un robot, ela obedece as ordes dos outros, dos que mandan. E eu, que teño medo, as máis das veces lle fago caso...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
A vida é moi complicada....... e cando nos parece vivir un momento doce, enseguida chegan problemas a fastidialo todo....as veces os problemas sempre estiveron (ou case sempre) pero íanse salvando........ ata que chega un momento en que non se poden salvar máis (ou iso parece). O final todo se soluciona dunha ou doutra maneira, solo hai que ter pacencia. Sé ti, tanto no bó coma no malo. So ti podes ser verdadeira, nun mundo de mentiras e apariencias so ti podes selo por ti, sé mellor cos demais........
Enviar um comentário