5.6.08

de libros

As épocas de máis estrés caracterízanse por unha maior lucidez, unha maior creatividade e máis tempo pra invertir en cousas que non estaban planificadas. Así, nos últimos nove días, e a pesares do pouco tempo pra sequera respirar, lin catro libriños. Os dous ultimos parecéronme pésimos (tres deles galegos).
Isto fíxome preguntar se todo neste mundo é publicable. Que criterio seguen os editores pra decidir se merece a pena talar máis árbores pra tinguir o papel de semellantes obras de arte?
Estes días está a feira do libro instalada en Illa Peixe. Dáme mágoa ver tanto espacio cheo de éxitos-de-vendas de dubidosa calidade e tan pouco sitio para o resto. O único que anima é ver a cantidade de libros pra nenos e a non desdeñable cantidade de literatura en euskara

5 comentários:

lourixe disse...

O dos libros dá moito que pensar... Até que lembramos que se trata dun negocio, de produción e rendemento: o que importa no mercado non é que o libro seña bo ou mao senón que se saquen cartos da súa edición, polos motivos que señan.
E se en ficción hai morralla, non digamos en ensaio: canta xente publica bodrios por encher currículo e ascender profesionalmente!
Con todo, o mellor do asunto é que de cando en vez, por casualidade, chega ás nosas mans unha obra que nos marca para ben e para sempre.

emereci disse...

E digo eu, que son mala malosa, non pensas dicirnos os pecadores? Estaba ben sabelo, para esquivalos e gastar o noso tempo noutras leiras. Se non queres facelo no bloj, serás tan boiña como para mandarme un correo?
Por certo, estaba convencida de que marchabas a Colombia... será deformación "amnistiosa", pero os almorzos venezolanos tamén estarán cheos de zumes ricos e conversas que alimenten corpo e alma, sen dúbida.
Bicos

besbe disse...

Ía dicirche o mesmiño que emereci

oko disse...

veña, dígovolo: son un de xelís de toro (seis cordas e un corazón) e outro de uxía casal (vidas exemplares). regaláronmos aí atrás e, xa vedes, non me gustaron nadiña...

emereci disse...

Tomo nota!