Arroz, música, danza. Falar moito Onte a cidade era un mundo, tan pequeniña. E eu aínda máis pequena ao sol E só doce días pra despedirme dela ata o outono
vaia, non estás para o meu cumple... celebrarémolo cando veñas igualmente, espero, que 23 é o número máxico (para algunha cultura das que ti estudas) No offense ;)
Semella unha boa paella, e a roupa da señora semella un bo pareo para ir á praia das Castiñeiras
De sempre por tras destes ollos grandes, un algo saltóns e tristeiros.
Que lindo sería poder contar a vida polas olladas que se cruzaron algunha vez polo meu camiño!
Os ollos coma obsesión de sempre, debuxos nas marxes de libros e cadernos. Nas servilletas dos bares. Inaugurar un diario de a bordo para describir o que miran e len os meus ollos.
Mirar como a marca xeográfica do iris. Buscar lentes pra unhas retinas un algo doridas, ás que aínda lles queda moito por aprender...
2 comentários:
vaia, non estás para o meu cumple... celebrarémolo cando veñas igualmente, espero, que 23 é o número máxico (para algunha cultura das que ti estudas) No offense ;)
Semella unha boa paella, e a roupa da señora semella un bo pareo para ir á praia das Castiñeiras
celebraremos o teu por atrasado e o meu por adiantado. e a miña despedida, que xa se vai a converter en tradicional por estas datas
regalareiche tea de pareo cando regrese no outono :D
Enviar um comentário