13.6.08

IDH vasco

Presentouse o IDH vasco esta semana. O que máis chama a atención é que, no ránkin dos estados, ocupe o terceiro posto, despois de Islandia e mais de Noruega.
Resultou curioso ver nos gráficos canto por riba están os vascos do conxunto do estado en sanidade, educación e pib (que son as tres variables coas que se constrúe o IDH), tendo en conta que sanidade e educación dependen do goberno vasco totalmente.
Sería interesante calcular o IDH do estado sen os vascos, a ver que sae. E triste pero clarificador, calcular o galego. Á altura de que estado quedariamos?
(imaxe roubada d'aquí)

4 comentários:

X disse...

Si, haille diferenza, tamén a hai na estimación que teñen de si mesmos. Saúdos.

Anónimo disse...

á de Biafra; non, timor leste; non, guyana... non sei, á altura de quen?

Anónimo disse...

perdoa, antes pasei sen identificar. Estiven currando no site unha chea de tempo, vou mandar os widgets tomar polo saco. Mantéñote informada

oko disse...

téñeno gañado a pulso. feiranta, agregada quedas