2.6.08

Venezuela


No bus, camiño da facultá, R. fálame do teleférico de Mérida, que é un dos máis longos do mundo. Que vou estar onde comezan-ou-rematan os Andes, a máis de dous mil metros de altitude. Dime que quizais mire neve (neve no Caribe!!!). E cóntame cousas do clima, e mais da xente, da situación social e da política do seu país. Gústame que me fale ela, precisamente ela, porque a considero intelixente e analítica, e non se deixa cegar por posicionamentos ideolóxicos pechados en si mesmos. Fálame dende a crítica e dende o saber que é unha privilexiada dentro do seu país
Queda apenas un mes e o único que me lembra que vou a estar lonxe da casa é que teño que poñer a vacina da febre amarela. E aínda o traballo de fin de curso por rematar...

(a imaxe roubeina de aquí)

4 comentários:

Mario disse...

"una luz cegadora, un disparo de nieve..."
Sempre pensei que eses versos explicaban a fascinación máxica dos caribeños pola neve, xa vexo que non é tan infrecuente. Pásao ben e tráenos moitas fotos.

xorna disse...

tranquila, a min dixeranme que era horrible a vacina, que che subía a febre e eu nin a notei...

osondaxordeira disse...

preséntanseche unhas fermosas vacacións... os que quedamos saudámoste dende godot

oko disse...

nunca o pensara, mario, pero pode que así sexa. por todos os andes ten que nevar, de todos xeitos (mentres non nos carguemos máis o clima)
xorna, eu tampouco tiven efectos secundarios, pero seica pode chegar a producir a morte...
osondaxordeira, ogallá sexan así de fermosas. de seguro que me lembrarei de godot dende alí, que van ser moitos días lonxe...

bicos aos tres!