3.10.08

crónica xxiii. (e xa)


todo isto foi a república bolivariana en noventa días. e moito máis. foi namorar mirando a nebulosa de orión e durmindo baixo as estrelas. quixen quedar pra sempre perdida nunha praia rodeada de verde. amei o mar, as terras chas, os montes altísimos. adorei esta revolución, mirándoa nos ollos da xente. fun foránea e coñecín a outros coma min. aprendín que os tolos son os menos tolos de todos, e que aínda quedan espazos nos que poder ser feliz. deixei que o meu pequeno fogar fose un cuarto ateigado de pantasmas e falei do país dos vascos coma se fose a miña propia terra. tamén do país dos galegos con ollos de namorar
quixen quedar aquí pra sempre. despois tiven saudades da casa. inevitablemente, voei

[e a última hora, chega un paquete ao meu nome. ábroo. é de a. un recompilatorio de música e tres libros de poemas. todos de farruco sesto. éntranme as ganas de cuspir toda esta vertixe polos ollos. no canto disto, deito un dos primeiros textos dun dos libros:

Nada pasa salvo el viento que anda.

Estoy en medio del pueblo, sentado en la plaza.
Pero no veo a la gente a mi alrededor.
No oigo a los vendedores de fruta
ni a los niños que cantan.
Y es que mi corazón está en otra parte.

non queda máis por dicir. non polo de agora]

4 comentários:

emereci disse...

é triste despedirse, porque sentimos que a perda é para sempre. que pode ser para sempre. eu, cos anos e coas viaxes, comprobei que a perda nunca é definitiva, porque as vidas que amamos nunca deixan de acompañarnos... están connosco, por exemplo, nesa praza do pueblo na que non pasa nada salvo o aire que anda.
un bico

Malaquita disse...

totalmente dacordo... aínda que resulte un pouco tópico, penso que vivimos nunha continua viaxe física e emocional. Na maleta imos metendo cousiñas e xente, e canto máis viaxamos, máis medos van quedando nos andares dos trens, e algo dentro de nós vai engordando, dun xeito delicioso.

Unha aperta e feliz volta.

Suso Lista disse...

Adios díselle aos mortos, din por aquí. Saludos

oko disse...

será...