5.11.05

LA TERRE


Le mort
saisit le vif

et l'oiseau ferme la marche.

(Georges Bataille)



[A Terra:/ O morto/ atrapa ao vivo/ e o paxaro pecha a marcha]


Asombrada por atopar certo parecido entre Bataille e Huidobro. Admirada pola capacidade dos grandes de selo aínda máis. Doída por certas palabras nunha carta electrónica. Tentando recuperar vellas amizades, e esquecendo algunhas outras. Contenta polo aniversario dun dos meus amores máis fieis: este é o meu agasallo!

3 comentários:

Anónimo disse...

si, xa sei que eu son un dos teus amores máis fieis........¿podese dicir o mesmo pola túa parte?(espero que si)
En esta época de desenganos e dúbidas vitais unhas palabras agarimosas agradécense. Esperemos que o destino nos amose o mellor camiño a escoller sen máis dilacións.

Anónimo disse...

Pois, eu non sei se ti me consideras un dos teus amores....

...Pero, pódoche garantir que o meu amor por ti sempre será puro.


Eres unha fermosura
de rapaza.

oko disse...

estou comezando a me ruborizar...
moitas graZas por estas verbas. de seguro que vós formades parte dos meus amores en cadro de honra. señorita anónima, teña por seguro que o que está por vir vai ser mellor. confiemos na Providencia...
querida ráfaga de vento mareiro, sabe vostede que supón pra min unha brisa vivificante. lembre vostede que o meu amor é sempre puro. e se é cara vostede, moito máis...