29.10.08

dance with me (2)

atravesei o casco vello coa miña ducia de castañas, ben gardadiñas dentro da súa bolsa de papel marrón, quecéndome as mans. o rapaz que mas vendeu sorriu tanto que os seus ollos quedaron pequeniños, entre a pel escura. hoxe na illa ía moito frío, tanto que os nenos levaban luvas e as señoras que habitan os pisos máis grandes do centro da cidade sacaron os seus abrigos de pelexo. subín as escaleiras de begoña, ate o parque. no metro estaba o acordeonista e facía tanto tempo que non o oía que me deron ganas de ir saudalo. tocaba unha canción que non era a de sempre. mais o día comezara, horas antes, ao rexeitar un traballo e cantarlle a x polo teléfono a súa canción favorita. contei unha e mil veces que estaba de paso. a carteira tróuxome un sobre certificado. comprobei a miña incapacidade pra centrar a atención en nada. pechando un capítulo e abrindo outro. dubidando de cando voltarei ter vida académica reglada. sen saber onde irei. nin con quen. sen saber se quero sabelo. descoñecendo o que está a pasar no mundo agora mesmo. estou de paso en todas partes. desfrutándoo



repito video. síntoo

6 comentários:

paideleo disse...

Os momentos de incertidume con castañas quentes lévanse millor.
Sorte co futuro !.

emereci disse...

Si, oko, muita sorte co futuro... Sorte e forza para tomar (para seguir tomando) decisións sabias, decisións valentes. E disfruta tamén a incertidume, muller, que se o pensas ben é parte da emoción de saber que has vivir a vida que ti escollas.
Un bico.

Lúa Neghra disse...

É precioso, eu descubrino hai uns meses e dende aquela non paro de miralo.

Suso Lista disse...

Pois nada, a disfrutar, o frio vai e ben. Apertas

paideleo disse...

Anímate e fai un calacú. O calacú do meu blogo é o primeiro que fixen na miña vida.

oko disse...

moitas gracias e bicos a tod@s!!!