gústame esta cidade, agora mentres a miro con ollos de estranxeira, porque podes sentar na herba a ler mentres uns pavos reais pasean por diante, e podes sentar no medio e medio dunha rúa a falar do que agardas do inverno, e tamén podes quedar na casa a mirar a etb. o sol sorrí aínda e semella que os días do inverno van a tardar en chegar
8.10.07
gústame esta cidade, agora mentres a miro con ollos de estranxeira, porque podes sentar na herba a ler mentres uns pavos reais pasean por diante, e podes sentar no medio e medio dunha rúa a falar do que agardas do inverno, e tamén podes quedar na casa a mirar a etb. o sol sorrí aínda e semella que os días do inverno van a tardar en chegar
5.10.07
3.10.07

a foto fíxoa T., que tivo a santa paciencia de vir a buscar piso comigo a Bilbao. agora xa estou instalada nunha rúa do casco vello, rodeada de pedra. parece que así compostela doe menos.
e tería mil cousas que contar, que agora boto de menos todo. tanto, que ata puxen unha foto do traballo de mamá de fondo de pantalla. adoro todo o que cheire a galego. todo o que lembre que pasei os últimos anos na cidade máis linda do mundo. e que todos aos que máis quero están por alí (e van vir a visitarme se queren seguir con vida no Nadal)
1.10.07
Hai catro anos preguntábame que demo facía comezando Xornalismo. Agora que rematei, sigo tendo a mesma dúbida.
(prometo poñer fotos de Bilbao en canto postee dende o meu ordenadorciño)
15.9.07
10.9.07

7.9.07
Que si, señores, que esta casa vai de capa caída. Estame afectando non acceder á rede regularmente, ter tanto tempo libre e -case- non saber que facer con el, e empezar a planear na miña cabeza a migración a terras do norte, que é polo de agora o único que consigue manterme cerebralmente viva (iso, algún que outro programilla e un par de libros)27.8.07
23.8.07
de cuba VI (historias)
- perdón, me dejais pasar?
- como no voy a dejar pasar a unha chica tan linda (comentario puramente cubano) y con un corte de pelo tan bonito (comentario popero)
(nota: para os que non saiban como teño o pelo, poderán facerse unha idea aproximada para ambientar a historia)
de cuba V (historias)
- que yegua más lista!
-como? que mi yegua es comunista??? ANTES LA MATO
20.8.07
de cuba IV (historias)
- Y te gusta nuestra discoteca? Que te parece?
- Es... es... particular
-No, no. Aquí nada es particular. Es todo del Estado!!!!
9.8.07
de cuba III (da xente)



de cuba I (do chan)
Tardei máis de dez días en ver a cidade de día. Durante tres semanas desexei con todas as miñas forzas que o mes nunca rematase, quedarme alí pra sempre. Mais agora sei que non é así. E quizais sorprenda, pero onde quedaría pra toda a vida é no rural cubano, nas pequenas vilas nas que non hai turista e unha galega é peza de colección. Esa é a Cuba da que namorei de verdade. As paisaxes máis fermosas que xamais ollo humano mirou, como dixo Colón. A xente máis boa que xamais coñecín. Quizais onde menos agardaba atopar foi onde atopei. Foi despois de estar en Provincias –como eles din-, cando me prometín a min mesma que voltaría a Cuba. E vou volver, o máis axiña que poida. Xa o prometín.
5.7.07
Pechado por cuestións académico-vacacionais
Bo mes de xullo a todos. Falamos alá pola primeira semana de agosto!!!
29.6.07
despedidas (iii)
por iso me gustades. porque non sodes coma o resto. porque conseguín encaixar no in-encaixable. porque seguimos a ser, a pesar de todo, pezas soltas.
ando ás despedidas, estes días. esta noite será a definitiva, de aquí en algo máis dun mes. cando volva xa non terei ganas de estar triste. agora comeza a aventura. "e onde vaiamos estaremos ti e mais eu/ e quen sabe se todo isto non virá tamén", ou algo así dixo o poeta.
pois o dito.
(nota: faltan moitos, moitos moitísimos na foto. pero roubeilla a m., que eu agora viaxo sen equipaxe e non levaba ningunha enriba)27.6.07
despedidas (ii)

descubrín que os vou botar de menos (a uns máis, outros menos, outros nada)
26.6.07
despedida (i)

pola rúa funme facendo maior, pola única rúa que me pareceu bonita o día que tiven que escoller destino. e agora marcho, nunha vorixe de caras, de datas, de recordos. nunha vorixe de cousas indefinidas que é o que está por vir. deixo moito aquí. deixo todo o que fun en catro anos. deixo a pegada de mil amores, de mil historias. nons ei cando voltarei, como di a canción. mais agardo atoparte no mesmo sitio, impertérrita, insolente. para que sigas sendo o meu refuxio. o acougo das noites das que é imposible -impensable- durmir.
23.6.07
venres-nait

20.6.07
A sala de estar é o lugar polo que temos que comezar, se é que ao cabo queremos entender a dinámica constitutiva de abstraccións da caste de "comunidade" ou "a nación".
(D. Morley)
(D., 20/06/07, 00.57 h.)
18.6.07
APETEGA
O venres á tarde, cando pasaba pola praza do Toural atopeime cunha "mostra" que non estaba anunciada no sitio-onde-miro-sempre as cousas que pasan nesta cidade. Era unha presentación de traballos de tecnoloxía de rapaces de ESO, que se facía para protestar contra a reducción das horas de Tecnoloxía que van sufrir os rapaces destas idades trala implantación da LOE.Era impresionante (alomenos para min): aparelliños que percorrían circuitos, norias, ascensores... todo saído das clases e feito por rapaces de entre doce e dezaseis anos. As miñas clases de Tecnoloxía nunca foron tan productivas (quizais porque a natureza non me dotou dese tipo de habilidades). E non obstante a odiar esa asignatura, apoio o reclamo dos profesores: unha materia eminentemente útil para crear, para pensar, para construír. Para evitar crear un ensino hiperespecializado e coxo. Para fomentar xeracións de alumnos que saiban algo máis que as catro regras, porque
A Tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e técnicas que,
aplicados de forma lóxica e ordeada, permiten ao ser humano modificar o seu
contorno material ou virtual para satisfacer as súas necesidades, isto é,
proceso combinado de pensamento e acción coa finalidade de crear solucións
útiles.
14.6.07
(enténdase ascárida, blogueira)
"pedro silva, responsable drogaliza"
que pouca vergonza. agora xa nin se agochan, que ata saen na tele!
13.6.07
Son días de compartir mesa cos universitarios máis pijos que podamos atopar pola cidade, de perder o tempo con bromas que só nos fan gracia a nós e que se nos escapan das mans, e de rallarnos co que pasará, co que virá8.6.07
Provocación

- Se os gafapasta se enfadan, comezarán a tirarnos as súas converse, as súas bailarinas, as súas chapas, os seus libros gafapasta...
- Os seus blogs
- Si, tamén nos tirarán os seus blogs
- E as súas gafas???
- Non, tirarannos todo, menos as súas gafas de pasta
(Non comecei eu, esta conversa, pero gardo o anonimato de quen a iniciou, por se despois toman represalias cara ela)
5.6.07
4.6.07
2.6.07
1.6.07
Os do Cerai din que me queren. Que me deixan is a Cuba con eles. Así que, se todo sae ben, o día seis de xullo haberá unha rapaza de Marín perdida por Barajas coa súa maleta. Celebrarei o meu cumpleanos na Habana.Agora lembro o día en que fun recoller o pasaporte. Prometinme a min mesma que en canto rematase a carreira, comezaría a enchelo de selos. E este é un bo xeito de comezar.
E é que ao final, van ter razón ao dicir que estou en racha. Que teño que aproveitar estas oportunidades. Que este está sendo, sen dúbida, o mellor momento da miña vida, que non o cambiaría por nada no mundo. Preséntase interesante, o futuro. Incerto, pero interesante.
E despois da noite de onte, de rir cos meniños, de ver a pista do Ruta colonizada por 3º de Comunicación Audiovisual e 4º de Xornalismo, só podo dicir unha cousa máis, que oín da boca de E.: o que vai vir de aquí en diante vai ser aínda mellor, e se non é mellor, hai que pensar no ben que o pasamos nos últimos catro anos!
31.5.07
Galegos e cristiáns, terra e fe
"Hai que ter moi claro que somos dunha terra, e que esta terra ten unha cultura, unha lingua, un patrimonio, uns valores, e que como cristiáns temos que vivir nese contexto". Deste xeito define Rubén Aramburu as relacións entre fe e nacionalismo. Unhas relacións complexas e mal definidas, que quizais deberían reformularse como fe e galeguidade ou fe e galeguismo.

29.5.07
dicíalle hoxe a m., o paciente de m. que escoita como falo e falo, sen interrumpirme, dicíalle que no verán remataron coa miña creatividade. eu antes escribiría unha reportaxe en pouco tempo, e coas ideas ben claritas. agora paréceme unha tortura enfrontarme ás páxinas en branco, e creo que teño exceso de material e moi pouco á vez. os medios de comunicación, tal e como está concebidos hoxe en día, xa non teñen sitio para a arte. é a eterna discusión xornalismo-literatura. eu xa non sei facer literatura coa realidade -se é que algunha vez souben-. xa non sei ser creativa. e miro para atrás, hai dous anos ata podería facer unha crónica dende a lúa se el ma pedise...28.5.07
Marín é un auténtico desastre. De todas as elección nas que puiden votar, estas son as que máis me sorprenderon, e as que máis me asustaron. Non podo comprender os casos de Vigo, Pontevedra ou Compostela, por exemplo.(E mentres tanto, perfílase un destino para o verán. A ver se me queren...)
{Imaxe tirada da campaña do Colectivo Nacionalista de Marín}
25.5.07
en pé (desbarrando)
(aviso: o que vén a continuación parece sacado dun diario de adolescente)si, onte arredor das 10 da mañá dixéronme muy majamente que me quitaban esa bota branca último modelo que me obrigaba a camiñar ao máis puro estilo parlamentario. Que felicidá, poder ver o meu pé, aínda moi inchado, e sentir cinco mil cravos -moi afiados- nel ao apoialo no chan.
en realidade, o día foi marabillosos ata iso das oito e media da tarde. facía moita calor cando fun ata o castiñeiriño. coñecín a tres persoas, incribles, que me falaron de loita veciñal, de compromiso cunha causa que ao principio me parecía pouca cousa, e que despois decubrín faraónica: conseguir mobilizar á xente pra loitar polos seus dereitos. Admirei, de certo, a súa forza, o seu empeño, e a súa vitalidade, trintaetantos anos despois.
Ao carón da parada de bus, alí no castiñeiriño, había unha floristería. Así que moi amablemente merquei unha flor pra ir levarlla (para camelar) a unha enfermiña ao hospital -que visita tan agradable, nena, que nin a "resaca" da anestesia é quen de quitarche o sorriso-.
E cando a tarde máis prometía, foi cando se chafou todo. Vin a estrea sen ti, -deixando de chamar a alguén a quen estades agardando que coñeza-, e despois non saín celebrar o do pé, porque chovía, entre outros motivos. Por que, dende hai xa un mes, non hai xeito de que os plans saian ben???
23.5.07
Despois de case un mes...
Non quería facerme ilusións. Non quero pensar que mañá sairei andando ao estilo Oko, e non ao estilo House. Non quero pensar que o debilucho do meu pé esquerdo está xa sandado, e pode facerse cargo de si mesmo. A saber que andarán a dicir mañá as radiografías de min, que lle dirán ao médico.20.5.07
13º xeira de Xornalistiñas Afeizoados do país
Aí estamos, creo que todos. O acto foi perfecto, e non me cansarei de felicitar aos organizadores, aos presentadores e a X. polo seu discuros. Vídeos incribles, pra rir e chorar. Somos unha boa promoción, en xeral, ou iso creo. E non me vou a poñer a dicir cousas boas de todos estes catro anos, porque aínda non é hora de despedirse.
Só dicir que foi unha noite perfecta. Aínda que o meu pé esquerdo me odie. E que se me fixo curta, moi curta. Debería durar días, como as vodas xitanas. E que non puiden sacar o sorriso da boca dende onte pola tarde...
17.5.07
días de tranquilidade
Sair nun documental que me gustou mogollón (aparición superpopera), ou pasar todo o día durmindo, e que a máxima relación coas persoas sexa mediante o ordenador. Ter o pé así descubriume o pequeno placer (forzoso) da tranquilidade.Tamén subir á noria e comer un pouco de algodón de azucre. Este é o primeiro en catro anos que non saio na Ascensión. Pero resérvome para o sábado...
nota: ten güevos oir falar a nenos de la Koru do acento pechado dalgúns sitios...
nota2: si, o que hai pola parte de atrás do xeso é un poema. por diante teño xoaniñas, unha G, varias flores, unha media lúa tunecina e máis as botas de charlot e un par de ollos. Todo obra dunhas cantas señoritas... e aínda o branco que queda...
15.5.07
12.5.07
Galletas de chocolate
Cheguei a Compostela a iso das dez da mañá e agardei a que A. espertase. Almorzamos galletas de chocolate, das mellores galletas de chocolate do mundo. Contáballe mentres a A. cantísimo me encantaran as dúas entrevistas que fixera o día anterior. Contáballe da Teoloxía da Liberación, das comunidades de base e do nacionalismo cristián.8.5.07
proust?
- O principal rasgo do meu carácter: a despreocupación -con medida-, e o carácter máis ben voluble
- A calidade que prefiro nun home: que me faga pensar e rir, e que sexa auténtico
- A calidade que desexo nunha muller: hai que diferenciar???
- O que máis aprecio nos meus amigos: que digan sempre o que pensan
- O meu principal defecto: o carácter máis ben voluble, o pesimismo dalgúns días
- A miña ocupación favorita: buffffff, non saberìa dicilo. Teño moitas, depende da época, do momento
- O meu soño de dita?: pensar no futuro que me agarda, que aínda está por decidir
- Cal sería a miña maior desgracia?: a frustración. Non chegar a estar ben comigo mesma en calquera dos eidos da miña vida
- Que quixera ser?: iso aínda está por decidir...
- Onde desexarñía vivir?: teño que probar con moitos sitios antes de decidilo...
- A cor que prefiro: o negro, dende nena
- A flor que prefiro: as rosas vermellas, dende nena (especialmente as da miña casa)
- O paxaro que prefiro: Ícaro, porque o home tamén pode voar
- Autores preferidos en prosa: Morey, Cortázar, Camus... (eu que sei?hai que telos???)
- Poetas preferidos: Huidobro, Salgado, Do Cebreiro... (bufffff, repito a pregunta de antes...)
- Os meus heroes de ficción: ammm, sempre me gustaron os superheroes espilidos, coma Lobeto, Besta, Spiderman... pero é por un rollo máis ben físico, eu creo...
- Os meus compositores favoritos: son unha ignorante musical con todas as letras
- Os meus pintores predilectos: Dalí, Corot, Frida... (non sepoden dicir fotógrafos?)
- Os meus heroes da vida real: moitos e ningún á vez. Os indíxenas que levan loitando séculos polos seus dereitos (en moitas partes do mundo), por exemplo
- Os meus nomes favoritos: Tegra, Siria, Fiz... (hai máis, pero son os que se me ocorren)
- Que detesto máis que nada?: o odio e a maldade gratuítos, a mentira. Tamén cousas máis frívolas, como que me toquen as unllas, ou ter unha aperna enxesada
- Que carácteres históricos detesto máis?: polo xeral, os vencedores, que son os que contaron a historia tal e como nós a sabemos
- Que feito militar admiro máis?: ningún, creo
- Que reforma admiro máis?: ningunha, creo. Todas levaron a demasiada xente por diante
- Que dons naturais quixera ter?: non me plantexo ser diferente do que son. Ou acaso me conduciría algo? Neste aspecto, pragmatismo absoluto
- Como me gustaría morrer?: sen dor. Dá igual como e onde, pero sen dor
- Estado presente do meu espírito: hoxe, gris. Debe ser polo de ser temporalmente un parasito con muletas
- Feitos que me inspiran máis indulxencia: que alguén faga algo mal sen querer (é que a min tamén me pasa...)
- O meu lema?: vai un morrendo, vai aprendendo
5.5.07
xa sabes,

o que non fai falla lembrar é que estamos aquí para o que precises, cando precises. nunca pechamos a porta
e canto se che botou de menos, meu amor
4.5.07
é, dende logo, parte da historia de amor máis bonita xamais contada
3.5.07
dor no pé
"era imposible mirar seguido pró chan unha noite de troula e non sentir, logo dun espasmo gravitatorio, unha dor no pé"
o que daría por ter o pé curado, como o tiña antes....

1.5.07
agora son nena-muleta!!!
(anque chova, anque vente)
27.4.07
despedida

sairei pola porta coxeando un pouco (co pé doído trala caída de onte), cunha chapa e un boli do xabarín (un millón de gracias!) e con cara de cansa, aínda non recuperada da cea de despedida.
lembro, agora, a despedida no verán. funme tristemente tranquila -porque sei onde atopalos-, e tamén aliviada. Daquí marcho tristemente triste. Sei que vai a haber a quen non volva mirar. atrás queda todo un mundo, un xefe que é un auténtico anxo, boa xente, e un feixe de recordos e de sorrisos.
marcho co medo de querer quedar para sempre, e coa pena de saber que me quedaron tantas cousas por mirar, por fotografar, por escoitar e aprender.
estou triste, si. non me gustan as despedidas. non me gusta ter que despedirme friamente dalgunha xente cando o que querería en realidade é darlles unha aperta ata que quedasen sen aire. non me gusta o aire condescendente doutra xente ao mirar, sabendo que o luns xa non lembrarán o meu nome.
quero marchar e non quero marchar. deixar isto é o previo paso a rematar a carreira, previo a darme de bruces co mundo real (sair de dentro destes algodóns onde estou metida de sempre, onde estiven metida este medio ano)
estou triste, si. dubido que trala clase de galego (a última tamén) poida aguantar sen que se me note que estou triste. no fondo, os que traballan aquí teñen razón en chamala casa. san marcos é unha grande casa na que se vive realmente ben. agora coñézolle un pouco as tripas, comezo a ver de que pé coxea. gústame a tele, si. agora sei que nunca serei chica prensa -dubido bastante ser algún día chica tele-. e vounos a botar de menos. igual que aínda ás veces lembro a N. ou a B., sei que botarei de menos a algúns de aquí. pero vou tranquila. deixo algúns topiños metidos no edificio, para que me conten como vai todo...
nota: e por suposto, triste por deixar de ser a túa compañeira de prácticas. pero aínda me has ter que ver dous meses máis na facultá...
nota 2: actualización das 11.41: o pé doído acabou sendo pé roto. y-no-digo-más. vaia despedida!!!
22.4.07
(o mesmo pasa coa mentira)

19.4.07
maxia
Hai maxia alén dos ilusionistas e dos prestidixitadores. Hai maxia en regalar piruletas a alguén nada máis pasaron vintesete anos e sete minutos do seu nacemento. Hai algo nos ollos dos magos que che prometen un globo se os buscas por Compostela. Hoxe tamén agardo unha noite máxica. E agárdoa porque a maxia vai aparecer onde e cando menos o agarde. Nas mans de quen menos pense18.4.07
descubrindo obviedades (iii)
bañándonos en sangue

15.4.07
Conversa de peluquería
- Cara a Meca
- Que?
- Que teñen que rezar mirando cara a Meca
- Pois a Meca está en Cangas, entonces, porque ela reza mirando para Cangas
13.4.07
descubrindo obviedades (ii)
desque desaprendimos a ler
11.4.07
descubrindo obviedades (i)
6.4.07

A Semana Santa de Marín ten o encanto desas semanas santas que están feitas para os da casa, sen turistas que as enxuícen. Para min redúcese toda á procesión de Xoves Santo, porque, que sei eu, porque foi sempre a que máis me gustou.
A procesión do Xoves bifúrcase en dúas, por unha banda, van a horta dos olivos (se é que se pode traducir así) seguido do Nazareno, e pola outra banda vai a Virxe das Dores. O máis lindo do percorrido chega cando se unen ambas procesións na Farola. Entón, os tambores deixan de redobrar e póñense á nai e mailo fillo mirándose prá cara. Tras uns minutos en silencio, comeza a soar unha gaita moi despaciño moi suave. É o momento máis emotivo. Dá igual que crean ou que non, que lles gusten ou non as procesións, pénseno un intre: un home que vai morrer, que leva tempo sendo torturado, crúzase de camiño á morte coa súa nai. Míranse por un momento, e despois o fillo continúa o seu camiño seguido pola muller, destrozada pola dor. é unha imaxe triste, e máis triste e pensar que é algo que acontece a cada segundo en calquera recuncho do planeta.
-----------------------------------
Nota: agardo atopar en Dublín os ollos máis bonitos que vin nunca en Compostela (agás estes, of course)
3.4.07
E xa para respostar ao meme (é así?) que me envían X e mais Besbe, aí vai o meu vídeo
E perdoen por non poder poñer enlaces hoxe. É que estou no traballo. Quizais dentro dun rato poida poñelos...
29.3.07
27.3.07
Do norte - interior
Despois, só teño un batiburrillo de cousas na cabeza: mercar selos do rei no estanco do primísimo, subir nun columpio múltiple, cantar o cumpleanos feliz ás doce da noite, elucubrar sobre o centro neurálxico do independentismo galego, compoñer nomes para os nosos fillos cos de camareiros e bares, rirnos da noite do venres (dos modernitos e das novas "amigas"), pasar toda a comida chorando da risa en Casa Benigno, facer vídeos de Miraxes, coñecer a un cociñeiro e volver a velo por un cúmulo de ¿casualidades?, escoitar a historia do escudo de Friol, descubrir da boca dun clásico da noite lucense que o alcaldísimo foi médico en Pol...
Rallábame, onte, porque non sabía que demo escribir para resumir estes dous días. Boa señal, sen dúbida, de que o pasamos ben, de que rimos de cousas que só nos fan gracia a nós, de que nos fixemos, se cabe, un pelín máis endogámicos
E o certo é que Lugo é precioso, a compañía inmellorable (anque faltaron uns cantos), e paseino como non o pasaba hai ben tempo. No norte desapareceron as preocupacións, e perder a voz por completo e quedar muda ata quen sabe cando non é máis que a peaxe obrigada a pagar.
Ogallá esta vida non rematase nunca!!!
24.3.07
Pesadelos
Pesadelos, pesadelos teño polas noites
pesadelos con pantasmas, monstros e cadelos
se non teño pesadelos é que xa non durmo
pesadelos, monstros, demos, nin un sono curto
23.3.07
non entendo as ciencias empíricas. nin a física nin a química. por moi fiables que parezan algúns dos seus postulados, pra min que sempre acaban tirando para onde cadre.21.3.07
Isaac Díaz Pardo
O ano pasado déronlle o Blanco Torres, e este sacaron o libro cos seus artigos merecentes de premio. En realidade, creo que non existe galardón que chegue pra el. Enormísimo, cercano e tan lúcido. Aconsellounos facer sempre as cousas tendo en conta as raíces, e canta razón ten. Dixo que cando non se ten en conta o antecedente, a historia, ás construcións fáltanlles raíces. E despois criticou o silencio cómplice de certos sectores aos que non lles gusta que se recupere a memoria.Admíroo, de verdade. E por se vos queda dúbida, si saiu a musa, da boca de Xesús Alonso Montero, que a definiu coma unha señorita moi moderna. Eu non sería tan benevolente co apelativo, metendo o seu nome e Sargadelos na mesma frase.
(nota: por fin coñecín a Fátima Monteagudo, a alcaldesísima, despois de falar por teléfono con ela tantas veces no verán, e non poder falar e desesperarme outras tantas!!!)
grrrr
Blogger vacílame. Non dou asimilado que a miña conta de gmail estea unida umbilicalmente ao meu blog, así que se pecho sesión mando ao quinto inferno o que teña feito en blogger. E tiña escrito un textiño que reescribín tres veces e agora xa non me apetece. Avogo pola volta ao método anterior, que moitos aínda utilizamos equipos compartidos.Dios, se eu só quería escribir que me pareceu o libro, que non soporto a un profesor por irresponsable, que o fin de semana emigro ao norte e que xa case non me quedan restos dunha gripe que todos atribúen a unha cousa... Isto é horribleeeeee!!!
(e se non me equivoco, a imaxe mandouma alguén que a atopou por aí e debeuse lembrar de min. gracias!!!)
19.3.07
16.3.07
Meirama

14.3.07
12.3.07
Domingo

Cando un gracioso mo pinchou decateime de que non existen os regalos do ceo. E non obstante, podería ser un regalo o domingo lindísimo que tivemos, o paseo pola carreiriña do can para ver o mar e a illa de Tambo, a comida ao aire libre, o chupiño de licorcafé, o paseo por Pontevedra e durmir no tren a Compostela tentando parecer lista cun xornal sobre as pernas.
A familia, estou segura, quedou encantada de que leve catro anos rodeada de xente tal -as promesas do novo xornalismo galego-.
Moitas gracias polo domingo fantástico, rapaces. Na festa do queixo, repetimos
7.3.07

o día que eu teña responsabilidades grandes, xa non serei como son, nin terei uns zapatos de marca nenapunk feitos a man?
4.3.07
sólo te pido que me escribas...
Pero despois, o venres volvín reencontrarme coa rapaza que fun en primeiro, recén chegada a compostela. E sentinme maior, cando lle expliquei a S. que xa ía rematar a carreira, cando el me dixo que xa traballaba como médico.
E hoxe, no bus, namorei dun ollos nos que parecía que collía o mundo todo. Dun neno, de apenas uns sete anos, que iba co seu pai e a súa irmá. Falaban en árabe, e lembrei unha discusión con nonseiquén, sobre a beleza. Sigo sostendo, e cada vez máis convencida, de que a raza máis fermosa que hai sobre a terra é a árabe.
Pero en realidade, destes catro días, houbo unha cousa importante por enriba de calquera outra. E foi oir da súa boca, e con ese sorriso, como me chamabas pequerrecha para que fose onda ti. De todos, ti serás a quen máis bote de menos.
1.3.07
Hai algo que fai que cada dia de esta semana me levante dun humor excelente. Como era, A.? "A vida componse de pequenas nadas", non si? E pode ser que as nadas de agora sexan algo millor que as de antes, ou mo pareza. Levantarme, ir á primeira clase e despois ter toda a mañá para darlle a vara a funcionarios diversos tamén me anima. Hoxe irei a ver por onde soan as campás. Quizais a solución non chegue ata xuño. E, despois de todo, que o acto de licenciatura sexa aquí ou alá, é un mal menor...











