1.1.07

Facendo memoria... (egopost)

Teño grandes esperanzas postas no 2007, porque vai ser un ano de cambios. Pero botando un ollo atrás, a todo o que levo escrito no que vai de ano, quizais 2006 tamén fose un ano de cambios.
Un ano de viaxes, de coñecer a Lisboa de inverno, a Roma de primavera, o Túnez outonal.
Un ano de entrada no xornalismo real, de dous xeitos totalmente distintos, pero que me fixeron aprender.
Coñecer e falar con xente moi interesante.
Aprender tamén na facultá, e pasalo ben mil veces facendo tonterías que lembrarei creo que toda a vida -e tamén cousas serias-. Tentando parecer maior en cousas de maiores.
Volver a apreciar -máis se cabe- o lugar de onde veño, a xente da que procedo.
Cambiar o meu aspecto mil e unha veces, comezar a ser gafapasta a tempo parcial.
Namorar dunha ducia de homes ao día, a última hai apenas uns días, naquela tenda na que entrei buscando algo que non ía mercar.
Despedindo xente, algunha pra sempre, outra cun atalogo.
Descubrindo aos amigos de verdá, os imprescindibles.
Facerme maior, notándoo eu case sen decatarme, no xeito de falar, de pensar, sendo aínda moi nena.
Olvidarme de como escribín sempre, recuperándome ás veces.
Coñecer a xente diferente e atoparme ben con eles.
Disfrazarme de flor. Botar de menos antes de irme. Non saber a onde ir cando isto remate.
Todo isto e algo máis, nun só ano.
Si que promete o 2007.
Ten que prometer

10 comentários:

Fer disse...

Também ganhou um leitor (ou mais), que nom comentador permanente ;)

Anónimo disse...

Que ano máis fermoso!

Anónimo disse...

¡Si que tiveches un ano cheo de cousas!
A Universidade é unha etapa abondosa en experiencias inesquecibles.

Marinha de Allegue disse...

Unha aperta de Ano Novo.
;)

Madeleine disse...

Paréceme mal o dos namoramentos consecutivos, teño que dicilo. Saiba que, malia que os seus amores sexan máis éfímeros que un paquete de obleas mentres facemos un traballo, nunca darei desenamorado de vosté. E iso que é de onde é (e que non ten un himno tan xeitoso coma o noso, claro)
Feliz ano!!

Anónimo disse...

Un resumo certamente interesante. Nunca deixa de sorprenderme

Anónimo disse...

Está ben isto de parar de cando en cando, mirar cara a atrás, e seguir adiante

Anónimo disse...

Claro que promete o 2007. Todo depende de un.

Anónimo disse...

Saudáchesme pola facultade (e eu tamén, aínda que non sabía quen eras). Perdoa, pero é que (como dixen antes) non sabía quen eras. Resumindo: A culpa é de Jacinta, que non nos presentou.
;)

oko disse...

fer, x, ghanito, marinha, medeleine, amarante, zero vacas e raposo, gracias por visitarme. e tamén gracias aos que non comentan pero si len. agardo que o próximo sexa un ano interesante na súa compaña, por suposto.