durante cinco días só pensei neses olliños azuis que agardaban por min na casa. despois a pedra e os seus habitantes. vilapán foi quedando lonxe, como unha lembranza afastada, un feixe de historias que contar. estrañar os rapaces, o sol, o verde. a cambio, outras cousas. dez días de traballo duro. despois, voar outravolta, quen sabe a onde
3.10.08
crónica xxiii. (e xa)
todo isto foi a república bolivariana en noventa días. e moito máis. foi namorar mirando a nebulosa de orión e durmindo baixo as estrelas. quixen quedar pra sempre perdida nunha praia rodeada de verde. amei o mar, as terras chas, os montes altísimos. adorei esta revolución, mirándoa nos ollos da xente. fun foránea e coñecín a outros coma min. aprendín que os tolos son os menos tolos de todos, e que aínda quedan espazos nos que poder ser feliz. deixei que o meu pequeno fogar fose un cuarto ateigado de pantasmas e falei do país dos vascos coma se fose a miña propia terra. tamén do país dos galegos con ollos de namorar
quixen quedar aquí pra sempre. despois tiven saudades da casa. inevitablemente, voei
[e a última hora, chega un paquete ao meu nome. ábroo. é de a. un recompilatorio de música e tres libros de poemas. todos de farruco sesto. éntranme as ganas de cuspir toda esta vertixe polos ollos. no canto disto, deito un dos primeiros textos dun dos libros:
Nada pasa salvo el viento que anda.
Estoy en medio del pueblo, sentado en la plaza.
Pero no veo a la gente a mi alrededor.
No oigo a los vendedores de fruta
ni a los niños que cantan.
Y es que mi corazón está en otra parte.
non queda máis por dicir. non polo de agora]

2.10.08
crónica xxii.
cheguei aos andes o día que cumpría vintetrés anos. chovía moitísimo e no comedor non había luz. cantáronme o zorionak zuri diante dunha arepa con queixo. despois diso viñeron as viaxes en autobús polo medio dun inmenso xardín verde, a trasandina, as horas de oficina, acostumarse aos chamos, as hamburguesas do señor i. e meterse na cama cedo coma os pitos
pasaron noventa días sen dar aviso
hoxe vai moitísima calor e vou riscando nunha folla as tarefas pendentes xa feitas. recollo os últimos vestixios do computador, as miles de imaxes que roubei. fago reconto de danos colaterais, deses que dá gusto curar. penso en todos cantos coñecín, escribo correos. comezan as despedidas
só hai unha pregunta que se vai repetir, aquí e alá, cando volva. que che pareceu o país? e, coma sempre, non saberei que responder. ese non ter palabras de cando se ten medo a quedar curto

1.10.08
crónica xxi.
probablemente o mércores foi o último día que mirarei ao granciño de café de cinco anos, na sede do psuv, ao ir pedir uns cartaces. que non foi senón esta mañá que coñecín a un dos veciños da longa rúa que leva a casa, o señor da horta con tartarugas de terra, que me contou que ten unha filla a vivir en ferrol, foi alí a estudar unha mestría e quedou pra sempre. semella que agora todo quere arrecender a casa, a terra, mentres que pasan as horas dos días tan axiña. que nos xornais todo é ecuador e eleccións e medran os murais polas rúas e as bandeirolas polas casas, e aínda son festas en vilapán e xa morreu o verán alá, na casa, e vou preparando a cabeza para o frío, e para o traballo, e para as horas que pase na pedra. que me virá buscar ao aeroporto o bichiño máis lindo do mundo, e tamén teño a cabeza nos correos que me chegan dende asia, do outro lado do globo. quero abarcalo todo pero o mundo, a tal hora, ten unhas dimensións tan pequenas que me desborda por todos os lados
(imaxe obra de a. coa miña camariña)
(imaxe obra de a. coa miña camariña)
29.9.08
crónica xx.
a lagoa estaba encantada e por iso non se descubriu ate que soubo quen eramos e a que iamos ate ela. era fermosa coma ningunha outra. coa néboa, tan mesta, enchíase o pelo e a roupa toda de xeada, e ata pasamos frío, que foi como estar na pedra ou en illa peixe de novo
despois todo foi desinhibirse á noite na praza de vilapán, bailar, falar, falar moito, espertar tarde, roubar laranxas, rir
sentirse aquí, a ratos, coma na casa
despois todo foi desinhibirse á noite na praza de vilapán, bailar, falar, falar moito, espertar tarde, roubar laranxas, rir
sentirse aquí, a ratos, coma na casa
26.9.08
crónica xix.
25.9.08
crónica xviii. (festas en vilapán ii.)
(na imaxe, un pouco de okocentrismo fotográfico)
22.9.08
crónica xvii. (festas en vilapán)
o mellor lugar onde durmir é un leito de mandarinas. aprendín o pracer de ir roubarllas ao veciño os días nos que quedo na casa. tamén facer bailes parvos pra que os rapaces se partan da risa e os instructores pensen que estou un pouco tola
nas festas da vila, unirse aos outros estranxeiros, os únicos estranxeros que estamos aquí, e que ata eles se rían de nós ao oir pola megafonía en plena cabalgata, también están con nosotros las compañeras de españa, terra, tráganos ben fondo
explicar un millón de veces que non, que non somos españa, e discutir de historia, de desenvolvemento, da realidade cubana e venezolana, de latinoamérica
deixar que descoñecidos nos expliquen o namorados que están todos do noso pasaporte e acudir á elección da raíña das festas pra decatarnos da sorte que temos de non considerarnos a nós mesmas un cacho de carne con medidas
durmir con música pra poder durmir, chegar ao luns pola mañá con novas que poñen triste. recibir correos dende gz, dende eh, dende italia, dende as illas africanas, todos dicindo quero que volvas e eu que non sei se quero volver ou non, con estas ganas tremendas de apertar e que me aperten

19.9.08
crónica xvi.
t. estaba algo tristeiro, onte, ata que lle cantei unha canción co seu nome. despois roubamos mandarinas ao veciño e camiñamos ata a torreta de alta tensión. pola tarde fun visitar aos outros nenos e tamén bailei sen música e deixei que g. se amarrara forte a min porque ten os ollos máis fermosos e tristes que vin en moito tempo
para eles, os recén chegados, é difícil adaptarse á nova vida. pra min, despois de adaptarme, o difícil é deixala
17.9.08
crónica xv.
ao chegar á oficina sento no ordenador e leo triste as novas dos xornais. as cousas non cambian. despois sorrío ao mirar as fotos que me envían do pequeno x
comezo a conta atrás. quedan exactamente dezasete días. dígolles se non podería levarme a e. na maleta. dáme as apertas máis fortes que me deron na miña vida e enfádase cando os demais non me fan caso. levaríaos a todos, en realidade, nunha bolsa máxica como a de meripopins
grabo fotos en cedés. tamén saldar contas pendentes. a despedirme dos nenos que vou topando pola rúa, que xa comezaron na escola
o único que me une á realidade é un avión que me leva ate caracas. e, despois, a triste volta
16.9.08
crónica xiv.
fuximos ao paraíso por catro días. ao marchar comprendín ao vasco que fora alí por tres días e levaba trintaetrés anos. tamén eu quixera quedar ate morrer
só alí tivo sentido namorar duns ollos verdes e da cor da pel dourada, mestura de tantas peles. só alí oir, sempre, da revolución, e os tambores, e os pequenos barcos pesqueiros e coñecer xente que de tanto tempo fóra da casa xa eran habitantes de ningunha parte. deron ganas de agarrar un morral con catro cousas e fuxir mundo adiante sobre os pés. de cantar ate quedar sen voz e non preocuparse por que comer mañá, por onde durmir, polo mar no que nadar
saber que quero voltar sen pasaxe de regreso

10.9.08
crónica xiii.
liliana é negra como a noite
os seus irmáns abanean os pés colgando dalgunha estrela, lonxe da terra
a súa nai sorrí suave, cuns ollos pesarosos, cargados de tristuras. vén fuxida do pacífico, dun mar de conflictos, violacións, medo
liliana tírase á auga e di que sabe nadar, mais afoga
ri e coida dos seus irmáns
apégase pronto a un, tan axiña que costa un mundo despedirse dela
liliana é fermosa como a noite
estase a facer maior á forza, valente. lánzase á vida sen saber nadar
e nin así se lle apaga o sorriso

9.9.08
crónica xii.
podería namorar del ao falar de poesía, de teatro, de política. das ganas de vivir e do seu país inmenso e heteroxéneo. cando me falou do seu amor por lara
mais en realidade tiven que namorar de toda a aldea. dos seus camiños poirentos, sen rastro de asfalto. dos nenos espidos pola rúa, das casas de barro e madeira. tiven que namorar do seu xeito de facer da cultura, da arte, a maneira de vivir. de canto aprendín de estrelas e antigas civilizacións. namorei do meu nome e do pobo wayuú, ao ser bautizada e recibir as beizóns dun vello sabio
vivín unha aldea recibindo centos de persoas, pra durmir ao aire libre nunha casa sen cancelas nin portas. faláronme coma se non fose europea, senón unha máis. reatopeime cos xa amigos de chavedosol e compartín tardes nas que o sol queima a pele ata de noite e dan ganas de volver alí, cada ano, cun feixe de apertas como equipaxe

1.9.08
crónica xi.
sementes:
revolución
21.8.08
crónica x.
que hoxe foi o último día do plan vacacional e cansei de choutar, e de levar os nenos ao lombo, e de responder as súas preguntas que nunca rematan. e fiquei triste. e despois coñecín a un home que en setembro viaxará á coruña. entráronme saudades e non, porque esta fin de semana promete. trocarei miche de pexego nun mercado tradicional. alí vou toparme coa venezuela bolivariana coa que soñaba antes de coller o avión
18.8.08
crónica ix. (a festa)
bailaron, e sorriron tanto que lles saían os dentes da boca. e eu non cansei de tomarlles fotos. todo o amor que suaban por todos os poros, cantísimo, as nais, os pais, os irmáns, cos chamos. era a festa dos nenos especiais e por iso cada un dos que estabamos alí eramos en certa maneira especiais, e ninguén o era. bailei baixo o sol e xantei baixo a chuva. despois chegaron os músicos viaxeiros a poñer a cor, coas súas chambras laranxas, cantando en quéchua e falando de lugares que nin soñamos coñecer. pasou o día e durmín tranquila, cansa e feliz
11.8.08
crónica viii.
mais non quería escrbir sobre fauna hox. quería falar de nenos, outra vez. nunca me gustaron, mais ando a aprender o valor do riso dun neno (aínda que pareza un tópico), a súa creatividade, e o que fan traballar a miña imaxinación cada tarde, entre manchas de pintura na roupa e xogos nos que hai que imitar animais. a tal hora, dicir que non me gustan é un pouco mentira
8.8.08
crónica vii. (as nenas)
en vilapán, hai un pequeno verme da cor do café que cada día me fai conducir unha camioneta imaxinaria ou converterme en paxaro e levala vando escaleiras arriba polos corredores do centro cultural. ten só cinco anos e cando non lembra o meu nome chámame guapa. é tan fraquiña que ata lle caen os pantalóns, por iso é tan fácil levantala no aire. os dentes, tan pequechos báilanlle branquísimos na boca cando sorrí. ás veces dime que parezo un varonsito, polo pelo curto e entón fágolle cóxegas pra que non mire que estou a rir
as nenas, aquí, teñen un algo especial. despois agóchano pra facerse maiores
as nenas, aquí, teñen un algo especial. despois agóchano pra facerse maiores
5.8.08
crónica vi.
pasei días a pensar fillosdeputa. tamén voei bambeando no aire coma un paxaro, deixando que o aire me dese na cara. o luns, estraño e diferente aos luns de antes, como todas as cousas aquí, cambiei de película e mirábao todo dende platea, coma se non fose comigo. escoitei llaneras, botei remedios nos ombreiros queimados polo sol e durmín acompañada dun milleiro de soños, deses que non deixan descansar, ata que cantou o galo coas primeiras luces do día
outra semana que comezaba a escorregar polos dedos ás présas
outra semana que comezaba a escorregar polos dedos ás présas
sementes:
okocentrismo,
vilapán
1.8.08
crónica v. (tristura)
a rede fai que non poida esquencer as cousas que agora pasan por alá. así recibo fotos de x., que ten uns ollos fermosísimos, entéronme da morte dun grande, e envexo, triste, o cartel do festival de poesía do condado
30.7.08
crónica iv.
ás veces esperto co ruído antes de que cante o galo. a fiestra non ten cristais e os berros e os pasos sobre a grava soan coma se estivesen dentro do cuarto. a calor apégase ao corpo e aos pés da cama durmen o espertador e mais un libro que xa rematei. ás veces tamén un caderno.
as cousas son estrañas en por si. tan estrañas como coñecer ao rapaz que foi a m en bicicleta. e pasan os días axiña, entre fotos de cochos e de montes tan altos que se perden no teito do ceo. planeo a fin de semana, a volta á cidade da neve, unha reportaxe, as mil e unha tarefas da oficina. ningún día se parece a outro e poucas son as cousas que persisten cando a treboada nos deixa fóra do mundo. debuxo ollos de cores escuras e evito pensar na volta

24.7.08
crónica iii. (festa)
hox é festa nacional. o nacemento do libertador bolívar. a praza de vilapán encheuse das camisas azuis da banda de música. dende lonxe óese un clarinete ensaiando. e centos de persoas que suben a la cuchilla del niño. na oficina soan rancheras. eu fuxo daquí pra ir sacar fotos a vilavaca
e penso na pedra

e penso na pedra
sementes:
illa pedra,
vilapán
21.7.08
crónica ii.
paseniño imos atopando quen nos fala sen importar de onde vimos, quen nos ofrece amorodos durante a viaxe e nos agasalla con flores, herberas, que só nacen nas zonas altas. aquí o mundo respírase diferente. nin mellor nin peor, senón diferente
[x xa está na casa, xa chora e come e pode que sorría. e eu a sete mil quilómetros]
esperto cos galos e saúdo un milleiro de veces cando saio do centro, mentres aprendo o nome dos rapaces. escoito música pola rúa e ás veces escápaseme cantar en alto, nun idioma que aquí a xente non sabe nin que existe
aprendo a escoitarme por dentro, a controlar as enerxías positivas e negativas e en ser útil
recollo moito máis do que semento. escoito e gardo
15.7.08
crónica i.
ás veces Vilapán amence radiante, outras cinsenta. os mosquitos saen pola mañá e á noitiña, mais pican todo o día. somos as únicas brancas e estamos en boca de todos
en Vilapán vai moita calor, pero un par de quilómetros máis alá hai que durmir con mantas. a xente é tranquila e vive ao seu ritmo
preciso centrarme. hai cousas que non me saen da cabeza e nas que antes non reparara (non tanto). doutras, antes importantes, nin me lembro. aínda un pouco desorientada. e sorrinte
en Vilapán as cousas son así, e non poderían ser doutro xeito. en só seis días

4.7.08
despedida
frenetismo e caos. aniversario sobre o atlántico e durmir de pé. san fermines en illa peixe. acumular libros e tarefas pendentes. durmir con pesadelos. meter na maleta algúns textiños de modernotes-poetas e catro trapos
e despedirme, tantas veces, que sempre estou a marchar e nunca marcho de todo
salvo aviso, queda pechado este chiringuito ata primeiros de outubro. desfruten do vrán o máis que poidan e acendan unha veliña a san-antonio pola tola que vai a coñecer os andes

despedida,
mundo mundial
2.7.08
xa me dá igual que o número de visitas do blog decaia irremediablemente, porque vou pechar o chiringuito durante tres meses. e fago reconto dos danos colaterais: perder ortigueira, pardiñas, o 25 de xullo, o festival de poesía do condado e tantas cousas que quedan no tinteiro
esquencer durante tres meses que o mundo existe e non volver soñar pola noite con entrevistar a chávez. lavar a man e sobrevivir ás picadas dos mosquitos
facerse maior é ter que escoller. e non arrepentirse despois
polo de agora, escollo despedirme da pedra o venres. mirámonos aló
[actualización media hora despois: e o disgusto de non poder mirar ataque escampe en directo. por que será que nunca podo estar nas datas nas que fan concertos???]
sementes:
despedida,
illa pedra
30.6.08
na pedra
compostela continúa na súa tónica de sempre. despois de tragar veleno pola suspensión sin previo aviso do concerto de abe rábade, gocei da mellor das compañas posibles (e algúns enlaces máis) tomándolle algo aos bares que máis ou menos fuxían da euforia futboleira.
atopar a un canario que coñecín no deserto saharaui e desfrutar das miñas primeiras horas coa preciosa criatura que me tocou polo aniversario: unha preciosa réflex dixital que me fai máis feliz que un doce a un neno
e só quedan seis días pra volver a marchar. nomadismo e esas cousas. e recén rematado o fermosísimo nove de maría lado

culturetadas,
illa pedra
27.6.08
e xa
Hiria goiz gris batean esnatu zen. Ez zuen hotzik egiten, baina egurkiak dizdira egiten zuen. Arraina uraren ondoan lo zegoen. Begiak ireki zenituen eta itzuliko zinela jakin zenuen. Askotan. Ez zenuen betirako agurtzea gustoko. Eta lasaitasunez joan zinen.
[A cidade espertou unha mañá gris. Non ía frío, mais tampouco brillaba o sol. O peixe durmía na beira da auga. Abriches ben os ollos e soubeches que voltarías. Moitas veces. Non che gustaba despedirte pra sempre. E marchaches serena]
(Tradución apróximada; disculpen os erros en euskara)

Illa Peixe
24.6.08
o fío
de feito agora vaise destecendo o fío. o primeiro é deixar de conectarme dende esta rede de euskaltel. iso será mañá, e tamén mañá recoller os trastos todos. despois exame, festa de fin de curso, e coller un bus eterno pra ir coa música a outra parte
e non pensar en nada. non saber o mapa de áfrica de memoria. quen podería dicir dez capitais de oceanía? hainas? irme cun libro de galeano ben apreixado e unhas cantas frases feitas en euskera

gabon eta musu bat
e unhas ganas terribles de que xa estea aquí outubro pra voltar, pero tamén que o verán pase moi devagariño. de vagar tamén as noites nas que faga arder compostela e máis os seráns nos que xogue ás cartas con papá en marín
sementes:
despedida,
Euskal Herria,
Gz,
Illa Peixe,
marín,
vacacións?
21.6.08
transiberiano
se me desen a escoller, entón escollería o transiberiano. dende moscova a beijing. quizais quedase a vivir pra sempre en ulan bator. di p que me imaxina nun sitio afastado e aprendendo a falar algunha lingua que non teña nada que ver coa miña, nin con ningunha que coñezamos (tamén eu o imaxino ás veces)e de ir con alguén, gostaría de ir con quen estivese disposto a ficar comigo en ulan bator, ou en calquera lado
seino, non hai présa. aínda queda moito ata o próximo inverno
sementes:
okocentrismo
os ghevis tamén van ao mercado
o kobetasonic comezou. esta mañá o mercado estaba cheo de roupa negra, cadeas e cintos con pinchos e máis melenas. resultou moi curiosos velos pasear por entre os postos da froita e das flores, tanta cor
sementes:
Illa Peixe,
parvadas
20.6.08
voar
apenas unha semana e comezar a pechar capítulos. coñecer a un punki ou a quen marcha ao congo e falar en galego-portugués durante media noite son só anécdotas dunhas das últimas noites. ir despedíndote de quen sabes que nunca volverás ver
- pásao ben en honduras
- ti pásao ben o resto da túa vida
frases que son coma sentencias
-e non esquenzas aprender a bailar salsa en venezuela. déixate levar
deixarse levar a vida enteira. á miña cabeza cústalle asimilar que estou de paso en todas partes. que aínda non vou ficar en ningures. e que iso é tamén unha marca de identidade. o que dá algo de medo non é pasar un ano fóra, ou pensar en ter os próximos trinta e seis meses comprometidos. o que aterra é pensar que isto pode durar tempo indefinido
pero é aínda cedo de máis. a miña cabeza só pode planificar a curto prazo. o único que sei polo de agora é que vou celebrar o meu aniversario entre un avión e caracas. e despois, xa se verá

19.6.08
ollos
releo a miña postal-adiantada-de-aniversario. a adicatoria máis fermosa, esta
horas máis tarde dicíanme que, no estremo da longa mesa na que ceabamos, os meus ollos abríanse coma dous faros. dous faros, de tan grandes
tu mirada en suspensión
qué piensas
me atrapa
horas máis tarde dicíanme que, no estremo da longa mesa na que ceabamos, os meus ollos abríanse coma dous faros. dous faros, de tan grandes
(só sete días de anguria e máis de espera por un correo que non dá chegado. e que fermosas palabras)
sementes:
okocentrismo
15.6.08
dance with me
The way I want to love you
Well it could be against the law
I've seen you in a thousand minds
You've made the angels fall
Well it could be against the law
I've seen you in a thousand minds
You've made the angels fall
pró meu regreso levarei un vestido pra que me saquedes a bailar. dance with me. quizais teña que sacarvos eu a vós. ata o amencer.
[agradecida a X. por enviarme o video]
[agradecida a X. por enviarme o video]
sementes:
cousas da noite
13.6.08
IDH vasco
Presentouse o IDH vasco esta semana. O que máis chama a atención é que, no ránkin dos estados, ocupe o terceiro posto, despois de Islandia e mais de Noruega.
Resultou curioso ver nos gráficos canto por riba están os vascos do conxunto do estado en sanidade, educación e pib (que son as tres variables coas que se constrúe o IDH), tendo en conta que sanidade e educación dependen do goberno vasco totalmente.
Sería interesante calcular o IDH do estado sen os vascos, a ver que sae. E triste pero clarificador, calcular o galego. Á altura de que estado quedariamos?
Sería interesante calcular o IDH do estado sen os vascos, a ver que sae. E triste pero clarificador, calcular o galego. Á altura de que estado quedariamos?

(imaxe roubada d'aquí)
sementes:
Euskal Herria
11.6.08
G. é italiana e non atopa o seu carné de biblioteca, así que vai á biblioteca co meu. Colle uns libros e achégase ao mostrador. Di: son para llevar (ou algo así, o caso é que se nota que é de fóra do estado)
O bibliotecario sorrí, cóllelle o carné, míraa, volve mirar os apelidos do carné e dille: yo falo un pouco de portugués
O bibliotecario sorrí, cóllelle o carné, míraa, volve mirar os apelidos do carné e dille: yo falo un pouco de portugués
8.6.08
7.6.08
conversas internáuticas na tardiña do sábado
cando as poucas ganas de traballar se xuntan coas dos amigos tan desocupados coma unha, a cincocentos quilómetros de distancia e ata alén mar:
(fragmentos onde os supostos A e B e C son os suxeitos da conversa)
A: eu busco un talibán en compostela que me bombardee o corazón
B: dios... esa frase non sei se é pra poñela nun fotolog ou prara grabala en pedra, vouno pensar
A: por certo, o outro día vin aplicación da túa frase (un home por pillar fala ruso aínda que non saiba) en min
B: si?
A: porque admitín que pra pillar me faría reintegrata
B: lo flipo, neno. aínda que mentres non te fagas españolit@, todo vai ben :D
iso si, falando reintegrado, dicindo camponeses en lugar de labregos e esas cousas, non sei eu, eh... que en determinados momentos, as palabras saen sen querer (véxase exacervamento da paixón/alcol/todos os anteriores)
A: tatuaríame un nh se fixese falla
B: hahahahah sempre lle podes poñer "hoteles" por baixo se te arrepintes
A: mimá, mira o que lle acabo de poñer a C noutra conversa: eu estou superenganchad@ a (grupo musical galego), escóitoo seguido. creo que lles vou entrar aos (número de membros do grupo, que por certo supera a cifra de tres) á vez
B: é para enmarcar. AOS (número de membros do grupo) Á VEZ???? non che ía dar a carteira despois pra convidar a tanto LK, aviso
un blog é tamén pra isto, pra poñer cousas que só a min me fan gracia. e pra gardar a identidade dos interlocutores e pra que os lectores tomen a decisión de non voltar por aquí xamais (agardo que isto último non!!!)
boa fin de semana a tod@s e musu bat pra cada un

5.6.08
de libros
Isto fíxome preguntar se todo neste mundo é publicable. Que criterio seguen os editores pra decidir se merece a pena talar máis árbores pra tinguir o papel de semellantes obras de arte?
Estes días está a feira do libro instalada en Illa Peixe. Dáme mágoa ver tanto espacio cheo de éxitos-de-vendas de dubidosa calidade e tan pouco sitio para o resto. O único que anima é ver a cantidade de libros pra nenos e a non desdeñable cantidade de literatura en euskara

2.6.08
Venezuela
No bus, camiño da facultá, R. fálame do teleférico de Mérida, que é un dos máis longos do mundo. Que vou estar onde comezan-ou-rematan os Andes, a máis de dous mil metros de altitude. Dime que quizais mire neve (neve no Caribe!!!). E cóntame cousas do clima, e mais da xente, da situación social e da política do seu país. Gústame que me fale ela, precisamente ela, porque a considero intelixente e analítica, e non se deixa cegar por posicionamentos ideolóxicos pechados en si mesmos. Fálame dende a crítica e dende o saber que é unha privilexiada dentro do seu país
Queda apenas un mes e o único que me lembra que vou a estar lonxe da casa é que teño que poñer a vacina da febre amarela. E aínda o traballo de fin de curso por rematar...
(a imaxe roubeina de aquí)

1.6.08
acercando el mundo
Leo con certa tristura que Eneko e Miyuki van a facer un alto na súa viaxe. Aínda que o motivo é para estar ledos, queda a intertidume de cando van a continuar co seu proxecto. E eu que agardaba que chegasen ata a Mérida venezolana...
sementes:
mundo mundial
31.5.08
Lamiako
E a namorar a cada pouco deste país (aínda máis)
sementes:
cousas da noite
30.5.08
26.5.08
aire
Di G. que cando estás nas nubes precisas de algo que te amarre á terra. Estou feita de helio e o fío que me ata a un posto de feira das festas é unha tristeira que non sei ben de onde vén, e que fai que non queira marchar, e que á vez teña ganas de quedar, e ao tempo só queira fuxir.E emociónome cantando un "cumpleaños feliz" a coro a a través do teléfono, e contándolle a todo o mundo a felicidá de cruzar de novo a pucharca. O desorientada que estou por enfrontarme a algo ao que non estou acostumada e nunca fixen.
A tensión de 24 horas ao dia ao cen por cen, dun traballo académico que teño que facer en tan pouco tempo, e do alivio de falar soa en voz alta e escoitar música dalá que me fai evadirme do aquí e do agora.
Por primeira vez agarro con forza as rendas do cabalo e, malia a velocidade, só pido que non se desboque no camiño

25.5.08
pucharca
Hai algo menos dun ano dicía que cruzaba o océano, a pucharca. Este, parece que outra vez. Sigo movéndome á esquerda, do mapa e da política.
E tería mil cousas que pensar, mais aínda río coa frase dunha bilbaína que dixo cando soubo a onde a destinaban: Caracas, es que es como Castilla y León, pero petado de Santutxus. Petado de Santutxus y en cuesta. Es como más de veinte Santutxus, y eso es la ostia. Estas comparacións só as podería facelas alguén de aquí. E xa se me comeza a pegar...
E xa pra rematar, parabéns a Moru por nacer, e aos seus aitas tamén, claro. Que ganas de que naza Polgariño, xa!

e Barria, tan fermoso baixo a chuva...
sementes:
Illa Peixe,
mundo mundial
21.5.08
espirse
admitirei que estou namorada. (velaquí os meus amores, recompilados esta tarde, mentres o profesor falaba da farsa da cooperación española. faltan moitos. sobra algún)
quéroos cada vez que os teño diante codificados no alfabeto, en papel ou en binario. ando a argallar como levarmos comigo este vrao, lonxe de toda tecnoloxía
a roupa, toda ciscada polo chan
(saiban disculparme. ando saudosa e unha migalla tristeira)
maríadocebreirokikonevessamuelsolleirodanielsalgado
aberábadeataqueescampeelvirariveiromarioregueira
maríaladomanuelouteiriñoantónlopoilla pedra
aberábadeataqueescampeelvirariveiromarioregueira
maríaladomanuelouteiriñoantónlopoilla pedra
quéroos cada vez que os teño diante codificados no alfabeto, en papel ou en binario. ando a argallar como levarmos comigo este vrao, lonxe de toda tecnoloxía
a roupa, toda ciscada polo chan
(saiban disculparme. ando saudosa e unha migalla tristeira)
sementes:
Gz,
illa pedra
19.5.08
Volver á cidade, e que estean agardando as dúas persoas que máis me queren no mundo nunha rúa de pedra de Illa Peixe. Que escoiten comigo a nova de que xa teño asegurada unha longa viaxe no verán.
Recibir unha clase maxistral sobre o individuo posmodermo e sentirme reflectida en cada unha das súas palabras.
Pasar o Día das Letras máis estraño da miña vida, tentando explicarlle ao mundo que veño do recuncho atlántico, e tentando tamén descifrar o euskera, de tan bonito
sementes:
Euskal Herria
15.5.08
e tres.

de primeiras era só cuestión de estar. foi subindo logo a ser valorada, a media altura da pirámide de maslow. despois era só fuxir. pasar días na montaña, coñecer a tanta xente que fixese falar e falar. esquecer
o seguinte paso foi agochar os berros das paredes con cancións modernas que facían regresións sonoras ao século pasado
finalmente escribir. escribir moito pra zafarse dos mortos que se acumulaban por detrás dos ollos. que se acumulaban como pesos nos nocellos e se bambeaban na abertura das pernas. escribir coma un exercicio automático de alivio, nese intre preciso de deixar de vestir de negro e no armario só había as cores do loito
nese intre preciso no que as engurras nas sabas non deixan que durmas en toda a noite
pensar que a única solución posible é facer a cama con follas de xornal, e durmir

13.5.08
dous.
ao primeiro foron as cartas, que ían sendo menos frecuentes. de semanas pasaron a quincenas. de quincenas a meses. eu non me atrevía a escribir, porque, sabes? cría que non tiña nada que contarche
(no fondo dábame medo que respostases dicindo que outra ocupara o meu lugar)
pensei que xa non querías que imaxinasemos nunca máis un futuro xuntos en técnica patchwork
despois acabei por soñar que non soñaba. xa ti non aparecías na miña cabeza, agochado detrás dalgunha lembranza dun pasado demasiado pasado
finxín que non me importaba e durmín

11.5.08
un.
á fin decateime de que el non existía. pedinlle que me devolvera os ollos e convideino a marchar
dende entón, non volvín saber del
fixen panos de cociña coas nosas bandeiras e durmín
10.5.08
world café
Juanita Brown foi a inventora do World Café. De primeiras pensei que era un exercicio de ideas interesante, sen máis. Despois de todo, vinte minutos para conversar arredor dunha pregunta non podía dar pra tanto. Despois decateime de que as preguntas van con truco: están feitas pra que cada un se cuestione moitas cousas do seu xeito de ver as cousas.
Poñelo en práctica fíxome decatar de que non sei dialogar, de que me custa manter conversas tranquilas con persoas de ideoloxías moi diferentes á miña, mais non con persoas de culturas diferentes. E que falar abertamente ao cen por cen é algo imposible se non tes garantías de que non has ser xulgado polo que dis.
Seica arredor do WC se teñen solucionado algúns problemas sociais e políticos. Tamén deberiamos aprender dalgunhas culturas, nas que non se chega a acordos se non están todos os membros do grupo dacordo ou, cando menos, comprenden e aceptan por que se toma a decisión.

culturetadas
7.5.08
sementes:
okocentrismo
3.5.08
sementes:
xornalistiña
2.5.08
acción/non-acción
mercar amorodos. falar coa fruteira un cacho. mercar un libro. pasear polas rúas ateigadas de xente. cruzarme cun insigne galego. buscar un traxe de baño. poñer/sacar as gafas de sol. pensar nunha promesaficar soa na casa, na cidade, por culpa da ponte
poñer a lavadora. non-facer o xantar. escribir unha reportaxe por encarga. falar tres cuartos de hora co tobo de Polgariño. facer plans pró verán. ler. escoitar música de alá. escribir unha carta. comer amorodos. escoitar música de fóra. falar soa. mirarme no espello. escribir
odiar o sol

1.5.08
remexendo
precisaba un texto que escribira nalgún dos cursos da carreira. así que, armada de paciencia, collín a memoria externa pra remexer entre os seus caóticos cartafoles. sentíame como cando, de nena, subía ao faiado a buscar roupa vella de mamá, ou do antroido
e fun atopando álbumes de fotos que non lembraba ter sacado. primeiro a ledicia, de voltar a velas, despois a tristura, porque as imaxes desprendían luz, moitísima luz. dende que merquei a cámara, no segundo ano en compostela, fun retratando aos poucos todos os meus días de universidade: as festas, as clases, as conferencias nas que non faciamos nin caso, os recitais e actos culturetas. sobre todo os amigos. apenas saio eu nesas fotos, nin me importa. porque están aqueles que debo de lembrar. uns pouco, quizais porque pouco foi o tempo que estiveron na miña cabeza. outros moitísimo, en cada recuncho, en cada ocasión
e dos que máis, a pequena. teño ducias de fotos repetidas, cun mínimo cambio na posición do pelo ou na xente que pasa polo fondo. tantas tardes na pedra. tantas noites
hoxe artello a miña memoria en fotografías, calculo o meu amor polo número de repeticións, e pregúntome por que tiven que marchar, se ese era o lugar no que encaixaba a miña peza do puzzle...

piel roja
Subscrever:
Mensagens (Atom)